Racismo – Revista A Boia

O racismo oculto nos libros de texto (“nós” e “elas”).
Breve resumo do artigo de Teun A.Van Dijk.

O  racismo é un sistema de dominación e desigualdade social que se reproduce de diversos xeitos. O discurso xoga un papel clave na reprodución do racismo porque é tamén o medio de reprodución principal dos prexuízos raciais e ideoloxías.

“Ademais dos seus contidos explícitos, hai un currículum oculto no ensino, que inculca na sociedade as ideas dominantes respecto a raza, o xénero, a clase…”

As leccións e libros de texto xogan un rol prominente na reprodución da sociedade. Ademais dos seus contidos explícitos, hai un currículum oculto no ensino, que inculca na sociedade as ideas dominantes respecto a raza, o xénero, a clase…

Mentres que a principios do século XX e ata a Segunda Guerra Mundial, tal racismo era bastante explícito e estaba formulado en base á superioridade branca, as formas contemporáneas do racismo nos libros de texto tornáronse máis sutís e implícitas.

Descubríronse as seguintes características:

Exclusión:Os inmigrantes e as minorías non aparecen ou apenas aparecen representados nos libros de texto. Aínda cando existe un significativo número de grupos de inmigrantes, a sociedade é representada dun xeito homoxéneo, monocultural e ‘branca’.

Diferencia: Se aparecen representados, as inmigrantes, as minorías e en xeral os pobos non europeos son descritos como diferentes a Nós; as diferencias son resaltadas e as semellanzas ignoradas.

Estereotipo:As representacións das Outras tenden a ser estereotipadas, esquemáticas e fixas.

Os libros de texto repítense uns aos outros en canto á reprodución destes estereotipos acerca da pobreza, falta de modernidade, atraso, etc.

Ilustración libro de Primaria de Perú.

Auto-presentación positiva  de Nós:Atribúense ao noso propio grupo (europeos, cidadáns, etc.) moitas características positivas: tecnolóxicamente avanzados, democráticos, ben organizados, informados, etc. Representa ao Nós como axudando activamente ou asistindo ao Elas, as xentes pasivas.

Representacións negativas de Elas: Ademais dos estereotipos habituais, se atribúen tamén as Outras características coma xentes violentas, delincuentes, ilegais, consumidores de drogas, autoritarias, non democráticas, atrasadas, pasivas, folgazanas e carentes de intelixencia.

Exotismo:O lado ‘positivo’ do énfase na diferencia é o realce da natureza exótica, estraña e de certa forma distante das Outras.

A negación do racismo:A representación positiva de Nós implica a ausencia, negación ou mitigación da representación negativa de Nós. A nosa historia de colonialismo, agresión ou racismo tende a ser pasada por alto ou reducida. O racismo é representado xeralmente como parte do pasado e poucas veces como algo do aquí e agora, como algo que está entre nós e nas nosas institucións.

“Falamos e escribimos acerca de Elas, pero non se lles escoita, nin se lles representa falando ou emitindo a súa opinión e, menos aínda, críticas respecto ao Nós.”

Carencia de voz: Non só se representa ás outras de forma estereotipada e negativa, senón tamén como pasivas e carentes de voz. Falamos e escribimos acerca de Elas, pero non se lles escoita, nin se lles representa falando ou emitindo a súa opinión e, menos aínda, críticas respecto ao Nós.

Texto e imaxes:Estas características móstranse tamén nas imaxes, as cales exhiben xeralmente a dimensión exótica, negativa ou problemática das Outras e os seus países. É común que vexamos unha foto de ‘chozas’ en Africa ou iglús no Canadá, en troques dos embotellamentos de automóbiles entre rañaceos de cidades de África, Asia e América Latina.

Tarefas: Presuponse xeralmente á presenza exclusiva do alumnado ‘branco’ na clase. Dirixíndose especificamente a este grupo de alumnado “branco”, a reflexión acerca das Outras, como si estes últimos non puidesen estar tamén presentes na clase.

Como podemos apreciar os libros de texto están deseñados de acordo á ideoloxía dominante dunha sociedade, esperándose que actúen non só como medio de producir o coñecemento aceptado, senón tamén como o conduto para as normas, valores e actitudes imperantes. Non é sorprendente que teñan sido tamén un dos principais sitios de formulación das ideas euro-céntricas racistas.

Desde Cárcere=Tortura (Galiza-sur) queremos denunciar a complicidade do sistema educativo co racismo institucional, complicidade da que se deriva o encerro e asasinato de persoas migrantes.

NIN CÁRCERES, NIN RACISMO CIE’S DEMOLICIÓN

Autoría Cárcere=Tortura.