Cárcere – Revista A Boia

Os cárceres campos de exterminio
Cárcere de Carabanchel

Foto: Adriano Agulló

Polos anos 80, drogodependentes, homosexuais e personas cualificadas como promiscuas pasaron a formar parte dunha “casta”, case como uns “intocables”.

O alto goberno, a Igrexa e certos estamentos dos Ministerios de Xustiza e Interior, idearon unha fórmula para acabar con esta “lacra”. Inventaron unha fórmula que os beneficiaba a todos eles a costa de que, nunha década, se perdese unha xeración.

Foron eles os que facilitaron a entrada de droga no noso país.

“Nos cárceres se falsificaron analíticas e diagnosticaron falsos VIH”

Eles fixeron cárceres máis modernas, máis ailladas e con rexímenes máis duros.

Fomentaron o estigma do SIDA e sementaron de cadaveres de xente nova o país.

Para eles esta era unha forma de terminar con aqueles aos que vían como delincuentes.

Hai que ter en conta que os Ministerios de Xustiza e Interior destinaban a Institucións Penitenciarias pluses por cada enfermo con esta enfermidade, tanto se se atopaba na fase inicial como se necesitaba de medicacion específica. Falsificaron analíticas e diagnosticaron falsos positivos de VIH. O negocio era redondo para moitos: aparte de traballo para avogados, xuíces, fiscais, policia,… lograron “infectar” e marxinar a gran parte da poboación reclusa deste país.

Cando fago estas afirmacións é porque teño probas disto.

Un seropositivo realiza sistematicamente análises cada tres ou seis meses. Así, durante a miña estancia en prisión (6 anos, 11 meses e 3 semanas, nas que vin caer a moitos compañeiros pola SIDA) realizáronme analíticas positivas periodicamente. Pero cando saín de prisión, e me puxen en mans dun especialista, dixéronme que non tiña nada.

O Dr. Ocampo, erudito na materia e eminencia de referencia en España, non quixo explicarme o porqué daqueles falsos positivos. En canto lle pedín explicacións, o seu talante dialogante transformouse nunha antipatía agresiva e sen cortarse un pelo invitoume a abandonar a consulta.

Normalmente tardábase mes e medio en ter o resultado destas probas. Pero tan pronto me deron o primeiro negativo, fixéronme outra analítica que tardou só 45 minutos en estar lista: NEGATIVO.

Intentei facerme oír, pero os meus intentos foron silenciados mediante longos procesos, dos que fago directamente responsables aos titulares dos devanditos ministerios nos anos indicados, nos que se impediu que eu recuperase a documentación necesaria para demostrar o que me aconteceu.

“Cantos compañeiros, desesperados, crendo que tiñan o VIH, pasaron os seus últimos anos no cárcere consumindo drogas duras”

Eu mantívenme firme no meu propósito de deixar as drogas duras xa na prisión. Pero cantos compañeiros, que puideron estar na miña mesma situación, desesperados, botaron a manta á cabeza e pasaron os últimos anos das súas vidas en prisión consumindo, e así facer máis levadeira a súa condena. Cantos serían falsos negativos que acabaron por contaxiarse e morrer antes de pisar a rúa.

Agora síntome un afortunado, pero en realidade, daquela nunca me sentín enfermo. Eles estaban empeñados en facerme creer que o meu futuro eran ao máximo 10 anos, pero eu negueime a tomar a medicación que a saber as secuelas físicas que me provocaría.

Aceptaron o consumo de drogas nos cárceres, pero ao seu xeito: permitiron a entrada de dogras nos pavillóns, pero non deron nin unha xeringa sanitaria. Coa maior das hipocrisías inventaron programas de reinserción e centros de desintoxicación que custaban millóns de pesetas. Pero aínda así, para acabar con aquela “lacra”, mataron personas que estaban sás. Aínda hoxe en día, ninguén se quixo facer cargo deste xenocidio.

Análise que me realizaron nun hospital fora do cárcere en xaneiro do 2000 e deu negativo

VIH.

Informe penitenciario de marzo do 2000 no que se fai constar que son VIH positivo.

Intentei denuncialo, pero todo se silenciou até lograr que prescribise a causa. Cunha investigación ben feita, teríase dado a posibilidade de depurar responsabilidades.

No lembro a toda a xente moza que quedou polo camiño, a dor das súas familias e un odio visceral a estas institucións e a eses asasinos de masas. Este é o resumo desta inxustiza,que a forza de repetirse, cobrou caracter de lei.

Mando o meu ánimo a todos aqueles portadores que dubidan de que o seu futuro sexa curto, e o meu apoio incondicional a esta loita contra a SIDA.

Interno 29554, alias escollido polo autor para manter a súa intimidade.

A sociedade do medo.
Vivimos nunha sociedade con medo. Medo ao descoñecido, ao de fóra, ao veciño. Os informativos son unha sucesión de historias morbosas sobre roubos, agresións e mortes violentas que conforman unha foto da realidade moi distorsionada. Así que acabamos por entrar na paranoia nacional e pensamos que estamos nun país con gran inseguridade cidadá e que precisamos endurecer as penas que existen xa que así frearase o crime e viviremos con máis paz.

“Somos un dos países europeos con menor índice de criminalidade. En cambio temos as taxas de poboación carceraria máis elevadas.”

Nada máis lonxe da realidade. Somos un dos países europeos con menor índice de criminalidade. En cambio temos as taxas de poboación carceraria máis elevadas. ¿Como é posible? Pois porque ese medo do que falamos fai que sexa una excelente baza política e un bo caladoiro de votos endurecer o noso código penal sen que en moitas ocasións estea realmente xustificado. O resultado: máis persoas presas e con condenas máis longas, superpoboación de reos. Pero non máis recursos nin máis persoal cualificado para a reinserción.

As nosas prisións están nuns niveis de ocupación do 165%, unha masificación que supón, entre moitas cousas, un maior risco de altercados, dificultades para traballar de maneira individualizada cada caso de inserción e peores condicións de habitabilidade.

E seguimos pensando que o noso sistema penal é permisivo e que a vida na cadea é como estar nun hotel a pensión completa con piscina e televisión por cable. E saímos ás rúas, recollemos firmas e nos indignamos porque aquí ninguén paga a pena que merece.

A realidade é que só polo feito de ser una persoa privada de liberdade xa te convertes en grupo de risco: risco de ter VIH, tuberculose, hepatite, risco de sufrir una agresión, de caer nas drogas, risco de caer na exclusión social, de sufrir una patoloxía mental. Porque si, no cárcere hai entre tres ou catro veces máis persoas con enfermidade mental que entre a poboación española. Por suposto, sen recursos axeitados.

Así que sigamos tendo medo, endurecendo sen sentido, afastando máis os centros penitenciarios e a súa realidade, aplaudindo cadeas perpetuas revisables e mirando para outro lado cando se denuncian as condicións de vida nas prisións. Cun 60% de  reincidencias será que o estamos a facer moi ben agora.

Enrédate Radio.

Que é o cárcere?
Institución onde se interna ás persoas sentenciadas a través do sistema xurídico a unha privación de liberdade, permanente ou temporal, por non cumprir as leis establecidas polo goberno.

Cómo xorde o cárcere?

Nun principio, o concepto cárcere referíase a un lugar de custodia, onde o presos esperaban coñecer ou ver executada a súa condena.

Non será ate a Inglaterra do século XVI cando a prisión se afianza como método para cumprir pena, como foron as “Casas de corrección”, onde se xuntaban presos xulgados, vagabundos e enfermos mentais, coa finalidade de ser un lugar de rehabilitación cara á sociedade.

“As cárceres evolucionarán centrándose en dous alicerces: a represión dos elementos incómodos para a sociedade e a súa corrección.”

A partir dese momento, as cárceres evolucionarán centrándose en dous alicerces: a represión dos elementos incómodos para a sociedade e a súa corrección, basculando de unha a outra segundo os estados decidían facer fincapé.

É un sistema útil?

En calquera caso, e aínda que se nos repite unha e outra vez que os cárceres son útiles e serven como lugares de reinserción, o certo é que nunca desenvolveron ese labor:

– O sistema carcerario funciona coma o lugar onde recluír a todos aquelas persoas que son “incómodas” a ollos da sociedade: pobres, enfermas, disidentes políticas,…

– O carcere non funciona como un lugar de inserción social: 1/3 das presas son reincidentes.

– Primase a seguridade e a represión aos dereitos das persoas: o Comité Europeo para a Prevención da Tortura e das Penas ou Tratos Inhumanos ou Degradantes denunciou os malos tratos recibidos por persoas en réxime de incomunicación e reiterou que despois de décadas segue sen resolverse o problema dos abusos da Garda Civil aos acusados de terrorismo.

Cales son os datos no estado?

No estado español, que ocupa un dos últimos lugares no índice de criminalidade (un 4,94 delitos por cada 100.000 habitantes), é o que máis poboación reclusa ten (73.558 persoas presas, 156 cada 100.000 habitantes), é dicir, vivimos nun réxime que exerce unha importante represión sobre as persoas. Isto demóstrao tamén que o estado español ten 224.000 policías é dicir 4,86 policías por cada 1.000 habitantes (máis do dobre incluso que USA, que ten un 2,29)1

Os cárceres albergan aquelas persoas que son “expulsadas” da sociedade (mocidade, migrantes, persoas con trastornos da personalidade, pobres,..), mentres as persoas presas de clase alta teñen un sistema carcerario VIP. Algúns datos a ter en conta son:

– 6 de cada 10 presas son emigrantes (quen, ademais, non poden acceder a liberdade baixo fianza).

– En 1990 había 33.058 presas e en 2012 había 73.929.

– Máis do 80% están condenados por  delitos contra a propiedade ou tráfico  de drogas, dato relacionado co nivel de pobreza.

– Segundo Transparencia Internacional España é o segundo país onde máis aumentou a percepción da corrupción política, pero apenas houbo ingreso en prisión. Ademais dende 1982 e 2011 houbo 148 indultos a políticos/as.

– Neste ano 2013 o goberno recibiu a censura da comunidade europea pola violencia policial descontrolada e o Comisario de Dereitos Humanos criticou os brutais recortes en materia de dereitos humanos, pero non hai ningunha persoa responsable detida…

“Outras” formas do sistema penitenciario: CIE e centros de menores.

Un caso á parte do sistema carcerario son os CIE (Centros de Internamento de Estranxeiros) que, a pesar de ser definidos coma “establecementos públicos de carácter non penitenciario”, son en realidade cárceres encubertos para o control dos migrantes e onde se vulneran os dereitos fundamentais das persoas, en moitos casos en peores condicións que nos cárceres ao uso.

“Os CIE son en realidade cárceres encubertos para o control dos migrantes e onde se vulneran os dereitos fundamentais das persoas.”

Outro dos espazos que son unha extensión do sistema penitenciario son os Centros de menores. Nestes centros, segundo denunciou Amnistía Internacional no ano 2009, prodúcense ataques á intimidade, rexímenes disciplinarios, castigos corporais, illamento forzado, abusos sexuais, contencións físicas abusivas, contencións farmacolóxicas e outras violacións de dereitos humanos.

Que podes facer ti?

Xustiza non quere dicir castigo! Exclusión social e criminalidade están relacionadas polo que a resposta non debe estar en aumentar a represión, senón en combater as causas da pobreza. O sistema penal debería de comtemplar alternativas á privación de  liberdade,. Actívate! Participa en campañas, denuncia todos os abusos que coñezas, organízate en colectivos que defendan os dereitos das persoas dentro dos diferentes centros de privación de liberdade.

1 http://www.sup.es/actualidad-sindical/un-modelo-de-seguridad-para-el-siglo-xxi

Autoría: Ecoar)))