Os Biosbardos – Revista A Boia

Parche.
Certo día… Xiana ía cara á escola coa súa nai como tódalas mañás, cando pasaron por diante do escaparate dunha tenda nova. Tiña un enorme e fermoso letreiro de moitas cores que puña:

XOGUETES

Xiana xa sabía ler moi ben e tirou do brazo da súa nai cara o escaparate da tenda. Alí, diante dos seus ollos… estaba o canciño de peluche… máis fermoso do mundo!!!!

Tiña tódalas cores do arco da vella e un ollar doce…..

– Mamá! – dixo Xiana – Mércame ese can! É precioso….

A nai, sabía que Xiana era una nena caprichosa que se aburría rápido dos xoguetes, non os coidaba, senón que os rompía, e cando xa non valían, botábaos ó lixo. A nai mirouna e díxolle:

– Xiana, só cho mercarei, se prometes coidalo e non estragalo.

– Si, sii,siii! – dixo Xiana.

– Cando saías da escola mercarémolo.

Xa no cole, Xiana contoulle no recreo ós seus compañeiros o bonito que era o cadeliño que lle ían mercar.

Ó saír da escola, foron recollela os seus pais, para ir á tenda de xoguetes. Cando entraron na tenda, a Xiana o can aínda lle pareceu máis bonito ca antes e quedou pasmada a miralo… O pai que se deu conta díxolle:

– Xiana, prométesme que vas coidar o peluche?

– Si, sii, siii! – dixo Xiana.

E… si, sii, siii! Así foi…

En menos tempo do que canta un galo, todos ían cara á casa: papá, mamá,

Xiana e o canciño de peluche. Xa na casa, Xiana levaba todo o tempo o

can no colo… Peiteouno e cantoulle fermosas cancións que lle ensinaran

na escola.

Cando a súa nai a bañou, tapou o canciño cunha mantiña nunha cesta, para que durmise. Cando o seu pai tivo a cea lista e os tres sentaron á mesa para cear, Xiana sentou o cadeliño ao seu carón. Pola noite durmiu abrazadiña a el.

O día seguinte era sábado, e os pais de Xiana levárona ó parque. Ela levou o seu novo e relucinte cadeliño de peluche, ensinoullo a tódolos nenos, que non facían máis que dicir:

– Que cores máis fermosas ten!

– Que bonitiño é….!

– Déixasme xogar con el?

Foi un día estupendo!

Foi un día estupendo!  Pola noite, na casa, cando a súa nai a bañaba, Xiana contáballe tódalas cousas que lle dixeron os seus amigos do canciño.

Pero Xiana… non se lembrou de coller o can e poñelo na cestiña tapado a durmir, tiña tanto que contar…

Cando o pai preparou a cea e sentaron todos á mesa, Xiana contoulles como xogaron ás agachadas e Lois non a atopara.Pero Xiana…non se lembrou de buscar o canciño e sentalo ó seu carón.

Cando foi para a cama, adormeceu en nadiña, estaba moi cansa.

Pero Xiana…non se lembrou de coller o canciño, para durmir abrazadiña a el.

Pola mañá o sol que entraba pola fiestra espertou a Xiana, saltou da cama e vestiuse. Era unha fermosa mañá de domingo, e despois de almorzar foron outra vez ao parque. Xiana tirouse polo tobogán e randeouse. Máis tarde chegou a súa amiga Carme:

– Ola Xiana! Onde tes o teu canciño? Gustaríame xogar con el.

Xiana non lembraba que fixera con el, apetecíalle xogar á pita… Xiana seguiu xogando con Carme.

Pasaron moitos días e pasaron moitas noites… Pero unha mañá cando Sofía xa ía marchar do parque… viu algo estraño detrás dun banco…

acercouse… e…

Sabedes que era?

Alí estaba o canciño de peluche!

Estaba moi sucio, roto e un daqueles fermosos ollos de botón faltáballe… A Sofía pareceulle o can máis fermoso do mundo, colleuno con moito

xeito e correu cara ós seus pais berrando.

– Mirade! Mirade! Atopei un cadeliño fermoso!

Os seus pais, non entendían nada… Era un can roto, feo e vello. Pero Sofía, sabía ollar como só o fan os nenos, ela miraba máis alá dos seus rotos e a súa sucidade… Levárono a casa, remendárono, lavárono e coséronlle outro botón de ollo. Cando remataron, o cadeliño estaba máis fermoso aínda que de novo. Sofía e os seus pais, nunca, nunca, nunca XAMAIS o esqueceron en ningún parque, e nunca, nunca, nunca XAMAIS o deixaron de querer, aínda que fose vello.

E por iso o canciño PARCHE sempre, sempre, sempre será a nosa mascota.

Por Asociación Protectora de Animais de Ponteareas “Biosbardos”.

Declaración universal dos dereitos animais.
A pesar da existencia dunha Declaración Universal dos Dereitos Animais proclamada no ano 1977 pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e posteriormente aprobada pola ONU e a UNESCO, día a día coñecemos novos casos de violacións destes dereitos supostamente universais para todos os animais. Lembramos aquí uns anacos desta Declaración e animámoste a defendelos na realidade máis próxima, denunciando os casos de maltrato ou abandono dos que teñas coñecemento, esixindo no teu concello  unha recollida e trato digno para os animais abandonados e, por suposto, non mercando animais, senón adoptando ou acollendo un animal das Protectoras de Animais da túa zona.

“Animámoste a defendelos dereitos animais na realidade máis próxima, denunciando os casos de maltrato ou abandono dos que teñas coñecemento.”

“O respecto do home polos animais vai unido ao respecto dos homes polos seus semellantes, a educación ten que ensinar dende a infancia a observar, comprender e querer a todos os animais da Terra.

Artigo 1: Todos os Animais nacen iguais ante a vida e teñen os mesmos dereitos á existencia.

Artigo 2: Todo Animal ten dereito ao respecto. O home, en tanto que especie animal, non pode atribuírse o dereito a exterminar outros animais ou explotalos violando ese dereito.

Artigo 3: Ningún Animal será sometido a malos tratos nin a actos crueis.

Artigo 5: Todo Animal pertencente a unha especie que viva tradicionalmente no ámbito do home, ten dereito a vivir e medrar ao ritmo e en condicións de vida e de liberdade que sexan propias da súa especie. Toda modificación do devandito ritmo ou as devanditas condicións que fose imposta polo home con fins mercantís é contraria a ese dereito.

Artigo 10: Ningún Animal debe de ser explotado para esparexemento do home. As exhibicións de animais e os espectáculos que se serven de Animais son incompatibles coa dignidade do Animal.

Artigo 13: Un Animal morto debe ser tratado con respecto.”

Autora APA OS BIOSBARDOS, Refuxio Ponteareas.

http:/protectoraosbiosbardos.org

Telf: 600356891

(10:00-13:30)(16:30-20:00)

Os Biosbardos: protectora de animais de Ponteareas.
A Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos ten como obxectivo principal a xestión do Refuxio de Animais Abandonados de Ponteareas e a consecución de medios para poder sustentalo xa que carecemos de calquera tipo de axuda pública. Realizamos ademais unha incansable labor de concienciación social sobre o grave problema do abandono e maltrato animal, promovendo a adopción e esterilización.

“Cada ano chegan á familia biosbarda unha media de 200 animais, os cales son desparasitados e esterilizados en tódolos casos, e vacinados tamén os cachorros.”

Nos últimos meses atopámonos nunha situación económica insostible debido ós numerosos gastos ós que temos que facer fronte diariamente. Cada ano chegan á familia biosbarda unha media de 200 animais, os cales son desparasitados e esterilizados en tódolos casos, e vacinados tamén os cachorros. Ademais desta atención básica asumimos tamén o gasto en atención veterinaria mais específica xa que algúns animais chegan a nós nunha situación lamentable: con patas rotas, desnutrición, insuficiencia renal, sarna, leishmania, tumores… Á atención veterinaria temos que sumar o gasto en manutención dos 200 animais que se atopan de media baixo a nosa responsabilidade, os gastos de desprazamento, material sanitario e farmacéutico, produtos de limpeza, materiais para o mantemento e mellora das instalacións, gasto telefónico, etc.

Explicámosvos aquí algunhas das formas de colaborar para que este traballo continúe sendo posible, seguro que atopas a túa!:

Faite soci@: dende 15 € ó ano podes facerte soci@.

Amadriña/apadriña: por só 6 € ó mes farás sentir a un peludo moi especial!

Teaming: microdonacións de 1 € ó mes.

Dona: penso, colares, correas, material sanitario, produtos de limpeza…. E tamén calquera cousa en bo estado  para vender nos nosos mercadiños (roupa, libros, cds, xoias, obxectos de decoración, etc).

Merca: ademais de mercadiños montamos tamén postos biosbardos de comida vexetariana caseira. Infórmate na nosa páxina web ou fb onde será o próximo evento!

Petos biosbardos: axúdanos a distribuílos nos diferentes locais que coñezas; bares, restaurantes, centros veterinarios.

Doazóns na conta de Novagaliciabanco 2080 – 5435 – 51 – 3040123305 ou mediante PAYPAL.

Máis información: http://protectoraosbiosbardos.org Por pequena que sexa, a túa achega é necesaria. AXÚDANOS A AXUDALOS!

Autora Protectora de Animais Os Biosbardos.