uxio reinoso maset – Revista A Boia

A xentrificación mata (cando menos as vistas, no Barrio Alto de Vigo)
Lembrome como se fose hoxe, pero foi fai 9 anos. Daquela só tiña 24 anos pero xa estaba de “volta”; estivera vivindo (por breves periodos de tempo) en Londres, Compostela, Lisboa e A Habana, e ainda que me gustara andar polo mundo, nese verán de 2006 decidín que sempre ficaría a vivir, traballar e loitar en Vigo (as tres cousas por igual, doutro xeito non pode ser).

Así pois estaba a dar un paseo co meu colega Xavi pola Ferrería, cando reparei e dixenlle: “Xa verás, esta zona é caralluda, dentro duns anos isto será como o Soho de Londres“.

Quería decir que aquel barrio casi baleiro, con moitas casas e rúas en ruina, no que apenas vivía xente e no que prácticamente so quedaban con actividade comercial uns decrépitos clubs de alterne, “necesariamente“ ía ser aproveitado polo novo Vigo que se me antoxaba que ia nacer daquela. Sería aquel un barrio “alternata“, pero non necesariamente “moderno”, no que  agromarían as iniciativas da mocidade coma min, pero no que (e por que non?) ainda perviviría o Vigo decrépito que tanto caracter e ensinanzas nos ten.

“Fai anos, eu cria que a Ferrería sería un barrio ‘alternata”, no que agromarían as iniciativas da mocidade pero no que continuarían as pervivencias do pasado”

Cría que na Ferrería, como no Soho, podería haber prostitutas e tendas de vinilos; e como no Bairro Alto de Lisboa pequenos bares e tendas de barrio; e tamén algunhas hortas como na rúa das Hortas de Compostela,…pero tamén pensaba que en Vigo ía ser preciso algo máis, algunha volta de torca á posmodenidade imperante nos meus círculos.

Se fora un capitalista, non tería dubidado daquela en invertir en inmobles; como non o son, xunto co Xavi e outras colegas fundamos “Entremos na Panificadora“. Entendía, que para que o conxunto do Casco Vello se enchese de vida ainda facía falla un espazo no que haber actividades de caracter industrial, fose dun xeito propio ou simbólico.

Hoxe en día todo isto antóxaseme pueril, é evidente que no Casco Vello hai unha nova xeración: na parte baixa está habendo unha explosión (kamikaze) de comercios de hostelería e turisteo que semella pode encher todo o conxunto. Agora mesmo no Barrio Alto (que xa non Ferrería), estase expulsando  e aplastando as pervivencias para implantar un habitat  “moderno“, con xente moza sí, pero que o mesmo podían estar aquí que no Soho.

“Pero non se aprendeu nin se experimentou nada; só hai réplica duns procesos que xa se mostraron nefastos.”

Todo isto é algo moi pouco posmoderno: non se aprendeu nin se experimenta nada só hai réplica duns procesos que xa se mostraron nefastos. Esperemos que non, pero eu creo que dentro de pouco o Casco Vello será inhabitable e insalubre para as viguesas, tal e como foi a finais do S XX.

Como proba un botón, “Casa para hipsters na rúa das Hortas”:

– demolición dos restos de casas populares de granito

– chalés pareados feitos nun bloque de granito caido do ceo

– patio/horta privado

– terraza sobre cuberta no que sobreasae un faiado-galería, de tal xeito que os habitantes desta casa teñen unha maravillosas vistas, que aos demais ela mesma nos oculta.

Autoría: Uxío Reinoso Maset

Patrimonio Social e cultura libre.
Nas últimas décadas forón moitos os avances que se teñen dado no eido da chamada “Cultura Libre”. Hoxe en día, quizais máis que nunca, unha inmensidade de obxetos da cultura inmaterial circulan pola nosa sociedade. A través da rede, as bibliotecas, arquivos e o intercambio directo entre persoas, boa parte do mundo pode atopar con licencia libre unha gran cantidade e calidade de pezas de música, escritos, sofware, deseños, fotografías, películas,…

Esto foi posible gracias a revolución dixital, pero tamén a unha concienciación na necesidade de superar as limitacións que o Capital e o Estado estaban a porlle a cultura inmaterial. Agora, a xente, sen ter que sortear os límites dos dereitos de autoría, está compartindo e recreando a súa propia cultura inmaterial, dun xeito máis igualitario, participativo e xusto. Quizais os días da cultura de masas, feita por unha elite para a maioría, estén chegando ao seu fin; quizais gracias a cultura libre, a popular, feita por moitas para moitas, volte a ser hexemónica.

Danza na Tabacalera de Lavapies, ben de propiedade estal e xestión comunitaria.

Foto: Imagen en acción

Sen dúbida este é un proceso maravilloso: por unha banda estase a favorecer a integración cultura da sociedade e por outra, ao retirar esta parte da cultura do mercado, estase a por certas trabas ao avance do Capitalismo. Pero eu creo que, sen abandonar este progreso da cultura inmaterial libre, é preciso extendelo tamén á cultura material; e o é polas mesmas razóns. A cultura inmaterial sempre precisa dun soporte físico: o software precisa hardware, así como as imaxes e grafías algún tipo de superficie (sexan os tradicionais papel, lenzo,… ou as modernas pantallas de ordenador), as artes escénicas precisan dun escenario,… e estes soportes físicos case sempre están en mans privadas ou institucións públicas antisociais (o Concello de Vigo, a Xunta de Santiago, o Estado de Madrid,…). Por tanto o que se chama “Cultura Libre”, case nunca é tal, so é cultura inmaterial libre dependente dun soporte material non libre. Un exemplo o sería esta mesma revista, que é cultura libre no tocante aos contidos pero non ao continente (e por iso hai que pagar polo conxunto).

“O que se chama ‘Cultura Libre’ case nunca o é. Normalmente é cultura inmaterial libre dependente dun soporte material non libre.”

Quizáis o avance da cultura inmaterial libre poida significar certa limitación ao progreso do Capitalismo; pero dado que o soporte material rara vez está fora do sistema capitalista, a o meu parecer, o está a fortalecer. Aumentar o volume de cultura inmaterial está a aumentar a demanda de hardware, que é un dos maiores e mellores negocios que existen hoxe en día. Sería preciso un estudio permenorizado para discernir se en realidade a “Cultura Libre” está a debilitar ou a fornecer o Capitalismo.

Son moitas as estratexias que poderiamos adoptar para a liberación da cultura material. A tradicional, e maximalista, sería unha certeira revolución que arrabatase ao Estado e aos capitalistas os medios de producción para polos en mans do pobo. Pero hai moitas outras opcións coas que ir avanzado e ensaiando a cultura material libre: a okupación, a expropiación, a reciclaxe e reutilización de refugallos, as “cousatecas” (servizo de depósito e prestamo de materiais, útiles e ferramentas), a difusión do concepto da “soberania manufactureira”,… ou o que eu chamo “Patrimonio Social”.O Patrimonio Social sería unha extensión do xa existente concepto xurídico do Patrimonio Histórico-Cultural. Pero sacandoo dos corsés do culturalismo, que só considera Patrimonio os “ben mobles, inmobles e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico”1.

Así considerariamos Patrimonio Social todos aqueles bens que estando actualmente sen uso (e polo tanto en perigo de deterioro) e sendo de interese conservar e reutilizar, foran creados polo Estado, comunidades menores (comunidades de monte, veciñais, sindicatos,…) e empresas, as que (atendendo a súa dimensión, natureza e desenvolvemento) consideremos suficientemente socializadas; ou sexa aqueles bens que se constituiron gracias/a costa de amplos sectores da sociedade.

Reconstrución do CSOA de Can Vies, BCN.

Foto: Fotomovimiento.

Así os bens (mobles e inmobles) que sexan, ou foran nalgún tempo, propiedade de empresas como a RENFE, Telefónica, U. Fenosa, SEAT, as Caixas de Aforro, URALITA, Cia. Viguesa de Panificación… que estean abandonados, deberían ser suceptibles de ser expropiados e (re)convertidos en propiedade pública ou comunal de uso social.

“A institución do Patrimonio Social liberaría unha boa parte do cultura material, que así mesmo favorecería a real liberación da cultura inmaterial”

Deste xeito a sociedade actual podería reutilizar, conservar e transmitir, unha boa parte das infraestruturas e equipos que tanto traballo e recursos levaron as xeracións pasadas e que, ainda sendo útiles, actualmente están apodrecendo nas mans dos capitalistas e do Reino de España. Así o pobo non so gañaria estes obxetos da cultura material en concreto, senon que tamén, empregandoos de determinado xeito, permitiríase a real liberación daqueles da cultura inmaterial que agora chamamos “Libre“.

Nota 1: Artigo 1.3 da Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia.

Uxío Reinoso Maset, membro de Entremos na Panificadora

O engano da “produtividade laboral”.
”Se non se aumenta a produtividade e se non se teñen os custos salariais adecuados, a empresa acaba fechando e ese traballador que quere cobrar máis ao final non acaba cobrando máis que o paro … para sair da crise económica os traballadores deben traballar máis e, desgraciadamente, gañar menos…os empresarios xa están gañando menos, e incluso hai moitos que xa están perdendo.” Gerardo Díaz Ferran.Ex-presidente da CEOE(1).

A estás alturas non é dificil saber que a crise económica capitalista, e o capitalismo en si mesmo, é unha gran estafa. Un dos casos que mellor exemplifica, é o abuso que as clases hexemónicas están facendo do concepto “produtividade laboral”. Como ben se sabe, a produtividade é a relación entre a produción obtida e os recursos empregados para obtenela(2). Por exemplo, a relación entre unha terra (factor recurso) e a produción de grans de trigo (factor produto), nun periodo de tempo (neste caso o ciclo do cultivo do trigo):  Dado que os recursos e productos da natureza e do ser humán teñen diferentes calidades, para que unha “relación de produtividade” teña valor estadístico, cada un dos factores (recurso e produto) ten que ser sometido a un criterio de homologación. Así, por exemplo, acostúmase especifícar dous criterios de homologación sobre o factor recurso “terra”, “secano” e “regadío”; non facer esta distinción equivalería a anular o valor informativo xa que o auga é outro recurso, que debería ser considerado noutra “relación de produtividade” distinta:  O axeitado é expresala productividade nun índice sinxelo con unidades constantes, e despois facer unha serie. Só dese xeito poderáse facer unha comparativa estadística e obter información útil para a economía aplicada, esto é, cal é o rendimento de determinado investimento nun recurso.

“A produtividade laboral debería ser a relación entre o traballo e o produto.”

Según a lóxica aplicada anteriormente a produtividade laboral debería ser a relación entre o traballo(factor recurso) e o produto, dentro dun período determinado, coa debida consideración de calidade. Por exemplo: cantas camisas (de calidade “x”) fai unha traballadora téxtil “Z”, nun periodo “y”.  Tamén pode facerse un índice de “produtividade laboral relativa”, na que se medise a cantidade de recursos, a máis do traballo, son precisos. Isto faise subordinando os diversos factores de recurso, por exemplo:  Destes xeito podemos decir que un para producir 100 camisas a traballadora “Z” fanlle falla 2 kg. de algodón traballadas durante 8 horas. Pero na realidade, non se segue esta sinxela lóxica obxetiva, seguimos a lóxica subxetiva marcada polo capitalismo. O teoría capitalista sostén que o xogo da oferta e a demanda no mercado crea desigualdades na atribución de valor ao traballo. Dependendo dos custos de produción asociados ao posto de traballo e posición que cada producto ten no mercado, a cada posto de traballo se lle corresponde un valor distinto (ata o punto que pode non haber dous iguais). Esto é, o capitalismo dí que os traballos non son homologables.

“Hoxe en día o termo “produtividade laboral” é asiganada a unha relación aritmética entre o custo monetario do conxunto dos factores de producción e o valor monetario do producto no mercado.”

Chegado este punto o lóxico sería renunciala econometria da produtividade laboral… pero non é así, a ideoloxía capitalista gustalle presentar o seu ordenamento social como unha verdade científica obxetiva e por iso recurre a falsos estudios para xustificarse perante a opinión pública. Hoxe en día o termo “produtividade laboral” é asiganada a unha relación aritmética entre o custo monetario do conxunto dos factores de producción e o valor monetario do producto no mercado (sen atender a calidade do produto, e as veces sen atender a periodos de tempo nengún que son sustituidos polo “instante” do mercado). Unha das fórmulas aplicadas (3) é a seguinte:  Esta concepción holística levanos a paradoxa de que os indices desta “pseudoprodutividade laboral” presentes sexan totalmente inútiles para a análise económica: como o que se representa é o conxunto da económia é imposible sacar conclusión práctica nengunha. Como non se mide o factor traballo, non podemos saber se un traballo determinado é produtivo ou non, se rinde máis ca outro, e polo tanto se vale a pena sostelo ou invertir máis nel. Como moito podemos saber se o sistema económico no que está inserido e competitivo ou non. En realidade a fórmula anterior é iso, unha “fórmula da competividade no mercado” e nunca da “produtividade laboral”. A máis da paradoxa monumental de que nesta definición non se mide o factor traballo, danse outras moitas situacións anómalas. Por exemplo que a produtividade laboral pode ser igual a 0 (se non se vende unha camisa, da igual cantas camisas se fixeran por hora, 1 ou 2000, o índice de “produtividade laboral” sería sempre 0). Por certo, e a pesar dos augurios da CEOE, según o Banco de Inglaterra, a española foi a economía da onde máis aumentou a “pseudo-produtividade laboral” entre 2008 e 2012(4).

1 Público o 14-10-2010 http://www.publico.es/dinero/341537/diaz-ferran-solo-se-puede-salir-dela-crisis-trabajando-mas-y-ganando-menos

2 Definición da Organización Mundial do Trabllo

3 Dada a contradicción da “pseudo-productividade laboral”, aplicanse ata 8 variantes distintas.

4 Expansión.com 29-6-2012 http://www.expansion.com/2012/06/29/economia/1340920879.html

autoría: Uxio Reinoso Maset.