Educación – Revista A Boia

O racismo oculto nos libros de texto (“nós” e “elas”).
Breve resumo do artigo de Teun A.Van Dijk.

O  racismo é un sistema de dominación e desigualdade social que se reproduce de diversos xeitos. O discurso xoga un papel clave na reprodución do racismo porque é tamén o medio de reprodución principal dos prexuízos raciais e ideoloxías.

“Ademais dos seus contidos explícitos, hai un currículum oculto no ensino, que inculca na sociedade as ideas dominantes respecto a raza, o xénero, a clase…”

As leccións e libros de texto xogan un rol prominente na reprodución da sociedade. Ademais dos seus contidos explícitos, hai un currículum oculto no ensino, que inculca na sociedade as ideas dominantes respecto a raza, o xénero, a clase…

Mentres que a principios do século XX e ata a Segunda Guerra Mundial, tal racismo era bastante explícito e estaba formulado en base á superioridade branca, as formas contemporáneas do racismo nos libros de texto tornáronse máis sutís e implícitas.

Descubríronse as seguintes características:

Exclusión:Os inmigrantes e as minorías non aparecen ou apenas aparecen representados nos libros de texto. Aínda cando existe un significativo número de grupos de inmigrantes, a sociedade é representada dun xeito homoxéneo, monocultural e ‘branca’.

Diferencia: Se aparecen representados, as inmigrantes, as minorías e en xeral os pobos non europeos son descritos como diferentes a Nós; as diferencias son resaltadas e as semellanzas ignoradas.

Estereotipo:As representacións das Outras tenden a ser estereotipadas, esquemáticas e fixas.

Os libros de texto repítense uns aos outros en canto á reprodución destes estereotipos acerca da pobreza, falta de modernidade, atraso, etc.

Ilustración libro de Primaria de Perú.

Auto-presentación positiva  de Nós:Atribúense ao noso propio grupo (europeos, cidadáns, etc.) moitas características positivas: tecnolóxicamente avanzados, democráticos, ben organizados, informados, etc. Representa ao Nós como axudando activamente ou asistindo ao Elas, as xentes pasivas.

Representacións negativas de Elas: Ademais dos estereotipos habituais, se atribúen tamén as Outras características coma xentes violentas, delincuentes, ilegais, consumidores de drogas, autoritarias, non democráticas, atrasadas, pasivas, folgazanas e carentes de intelixencia.

Exotismo:O lado ‘positivo’ do énfase na diferencia é o realce da natureza exótica, estraña e de certa forma distante das Outras.

A negación do racismo:A representación positiva de Nós implica a ausencia, negación ou mitigación da representación negativa de Nós. A nosa historia de colonialismo, agresión ou racismo tende a ser pasada por alto ou reducida. O racismo é representado xeralmente como parte do pasado e poucas veces como algo do aquí e agora, como algo que está entre nós e nas nosas institucións.

“Falamos e escribimos acerca de Elas, pero non se lles escoita, nin se lles representa falando ou emitindo a súa opinión e, menos aínda, críticas respecto ao Nós.”

Carencia de voz: Non só se representa ás outras de forma estereotipada e negativa, senón tamén como pasivas e carentes de voz. Falamos e escribimos acerca de Elas, pero non se lles escoita, nin se lles representa falando ou emitindo a súa opinión e, menos aínda, críticas respecto ao Nós.

Texto e imaxes:Estas características móstranse tamén nas imaxes, as cales exhiben xeralmente a dimensión exótica, negativa ou problemática das Outras e os seus países. É común que vexamos unha foto de ‘chozas’ en Africa ou iglús no Canadá, en troques dos embotellamentos de automóbiles entre rañaceos de cidades de África, Asia e América Latina.

Tarefas: Presuponse xeralmente á presenza exclusiva do alumnado ‘branco’ na clase. Dirixíndose especificamente a este grupo de alumnado “branco”, a reflexión acerca das Outras, como si estes últimos non puidesen estar tamén presentes na clase.

Como podemos apreciar os libros de texto están deseñados de acordo á ideoloxía dominante dunha sociedade, esperándose que actúen non só como medio de producir o coñecemento aceptado, senón tamén como o conduto para as normas, valores e actitudes imperantes. Non é sorprendente que teñan sido tamén un dos principais sitios de formulación das ideas euro-céntricas racistas.

Desde Cárcere=Tortura (Galiza-sur) queremos denunciar a complicidade do sistema educativo co racismo institucional, complicidade da que se deriva o encerro e asasinato de persoas migrantes.

NIN CÁRCERES, NIN RACISMO CIE’S DEMOLICIÓN

Autoría Cárcere=Tortura.

A rede de escolas polos dereitos humanos de Amnistía Internacional.
Hai catro anos Amnistia Internacional (AI) comeza un novo proxecto: levar o activismo en favor dos Dereitos Humanos (DDHH) á educación. Nace a Rede de Escolas polos DDHH. Na provincia de Pontevedra hai neste momento 15 centros educativos adscritos á mesma, dependentes do grupo local de AI enVigo.

“Trátase de involucrar e concienciar á mocidade na necesidade da defensa destes dereitos e facelos coñecedores de realidades que non aparecen nos medios de comunicación.”

Trátase de involucrar e concienciar á mocidade na necesidade da defensa destes dereitos e facelos coñecedores de realidades que non aparecen nos medios de comunicación nin nos libros de texto. O alumnado participa nas campañas propostas, na recollida de sinaturas, charlas, exposicións, recibindo e manexando información…

A campaña actual céntrase na crise en España e nos recortes, tanto no social como na liberdade, que está supoñendo: a vivenda, a sanidade, a educación, a falta de liberdade.

A Declaración Univeral dos Dereitos Humanos é unha utopía, o feito de que algún día se cumpla en todo o mundo non é crible, pero, que sucedería se ningunha persoa levantara a voz ou puxera en evidencia as desfeitas?, se ningunha loitara malia todo en defensa da xustiza, da igualdade… dos dereitos fundamentais? Como dicía Gandhi, “o peor ante o mal é o silencio da xente boa”.

O sistema educativo tería que involucrarse. Os dereitos fundamentais e os deberes que conlevan deberían estar presentes e practicarse na realidade dos centros. A materia que máis se achega de forma teórica a isto é a de Educación para a Cidadanía que desaparecerá en breve dado que non se considera importante! Pero hai moito profesorado implicado que busca ferramentas porque concibe a educación doutro xeito, a Rede de Escolas polos DDHH é unha delas.

Todo isto sen esquecer que a maneira natural que temos de aprender é a da imitación, polo tanto, para que a sociedade do futuro aprenda a defender os dereitos propios e alleos, o mellor é que a sociedade de hoxe poña en práctica esa loita.

Se pertences á comunidade educativa dalgún centro e che interesa esta proposta tes información no seguinte enlace: https://redescuelas.es.amnesty.org/index.php

Autora Ánxeles Bouzó F. Educación AI-Vigo.

Educación nas cadeas? eles mesmos o din.
Textos extraídos de informes da ONU:

“É moi difícil que a educación poida prosperar nun medio no que impera o castigo. De feito, o castigo é contrario á educación.”

“A listaxe de obstáculos, extensa e de alcance mundial, inclúe exemplos alarmantes de casos nos que a educación é interrompida por caprichos persoais dos funcionarios da prisión ou por frecuentes encerros nas celas ou traslados […], a confiscación xeneralizada do escaso material escrito e educativo existente, as listas de espera de ata tres anos para acceder aos cursos e o acceso limitado, e a miúdo inexistente, á tecnoloxía da información.”

“Aínda que a educación debería ser un obxectivo fundamental  das prisións, na práctica rara  vez é máis que unha actividade marxinal e mediocre.”

“As prisións son organizacións autoritarias e burocráticas que se preocupan ante todo pola seguridade e que tenden a ver a punición como a súa función primordial. Por tanto, nos centros penitenciarios non se da á educación a atención e o apoio que necesita. […] aínda que a educación debería ser un obxectivo fundamental das prisións, na práctica rara vez é máis que unha actividade marxinal e mediocre, no mellor dos casos. Os resultados son evidentes: expectativas limitadas, un baixo nivel de rendemento académico, programas de estudo deficientes, unha matrícula moi reducida, etc.”

Isto agrávase nos casos de presos/as en illamento ou dos/as nenos/as que viven nas cadeas.

NOVAS:

J.Manrique, preso en loita , liberado fai uns meses por enfermidade terminal, morreu en setembro. A pesar da gravidade da súa enfermidade mantivo un enfrontamento directo coa prisión ata a súa morte. DEP.

Continuase pedindo a liberdade do preso galego J.A. Vilasó Pardavila, preso no cárcere de Mansilla de Mulas onde, a pesar da súa enfermidade incurábel, o manteñen en illamento por loitar.

Despois de 60 días, suspenden a folga de fame contra o illamento nos cárceres de California.

Conseguido o traslado do preso galego anarquista Gabriel Pombo da Silva a Galiza. Dende Xullo atópase no cárcere de A Lama, despois de anos fóra da súa terra en cárceres de Alemaña e España.

Grupo de apoio á Campaña Cárcere=Tortura da Galiza Sur.noestansolxs@gmail.com

Foto Esculapio Pérez

Educación para a rapiña e o consumo.
O endebedamento público español supera o 90% do seu PIB, e disque Europa presiona para recortar aínda máis o gasto en benestar. Algúns medios xustifican os recortes en educación argumentando que investimos un 15 % máis que a media dos países da OCDE. Porén, outros medios recollen do mesmo informe que o noso gasto educativo, un 5,6% do PIB, é menor que a media da OCDE, que é dun 6,3%.

“Os recortes efectivamente traducíronse nunha caída da inversión por alumno superior ao 25% nos últimos catro anos.”

Os recortes efectivamente traducíronse nunha caída da inversión por alumno superior ao 25% nos últimos catro anos: 80.000 profesores menos e un incremento dun 20% no número de alumnos por clase, entre outras perdas de calidade e prestacións. O máis curioso é que no citado informe se expresa que no Estado, por cada euro que se inviste na Educación Secundaria superior, obtense un retorno de 3,9 euros.

Fallan os cartos para o máis básico e rendible, e sobran para outros mesteres. O presuposto do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte é duns 3.716 millóns, mais as 50 empresas (as de sempre) máis subvencionadas neste ano levaron 573 millóns de euros. Só a minaría chupou 112 millóns de euros, pouco menos que o que levan todas as Universidades do Estado. Mais isto é pouco comparado coas axudas á industria  armamentística, que reciben o seu cacho do pastel a través de fondos non contabilizados nos PSG; de feito, nos últimos anos, as partidas destinadas a defensa son as únicas á alza. As 9 maiores empresas de armas recibiron encubertamente 2300 millóns dende o 2007 e o Estado ten asinados contratos para a compra de armas por valor de 30.000 millóns de euros nos próximos anos. É probable que o monto total do gasto militar encuberto se aproxime ao rescate da banca, mesmo que se dea o caso de que esteamos pagando ás empresas para fabricar armas e aos bancos para mercalas!

Neste mundo globalizado, as cifras non menten: empregamos os nosos recursos para exercer un dominio militar que nos permita consumir máis enerxía e recursos que outros países. Esquecemos o compromiso coa terra e co igual.

Este ano pecharon en Galicia 21 escolas rurais, e nenos de 3 anos fan 90 minutos de autobús cada día para escolarizarse. O despoboado rural arde no verao mentres a miles de quilómetros explotamos bombas para seguir obtendo ouro negro, a base que sustenta toda esta tolemia.

Autor Juan Pablo Forti

Fotografía da educación mundial: un dereito para todas as persoas?
1. Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser gratuíta, canda menos no referente á instrución elemental e fundamental [..].

2. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; […].

[Artigo 26, Declaración Universal dos dereitos humanos, (DUDH)].

Ademais do recollido na DUDH, a socioloxía e a pedagoxía indican que o sistema  educativo é, despois da familia, o alicerce básico para a nosa socialización. As persoas pasamos centos de horas no centro educativo onde xogamos, socializamos, prendemos conceptos e valores, afrontamos conflitos,… Pero… é así realmente?

“Segundo datos da UNESCO de 2012 61 millóns de posibles alumnos/as de primaria non asisten a clase e, probablemente, nunca asistirán.”

Segundo datos da UNESCO de 2012 61 millóns de posibles alumnos/as de primaria non asisten a clase e, probablemente, nunca asistirán (31 millóns en África subsahariana!); 71 millóns non o fan en secundaria; e un 25% do alumnado mundial abandona sen rematar o ensino primario (en Asia Oriental e Pacífico a porcentaxe sobe ata o 46%).

Ademais dende 2010, “debido á crise”, a achega económica ao desenvolvemento educativo redúcese cada día, ao tempo que os fondos non son recibidos por quen máis os necesita: os países pobres (en 2011 só recibiron 1900 millóns dos 5.800 millóns de dólares).

Pero se analizamos outros datos relacionados, a situación agrávase. Segundo a ONU e Save The Children, o mundo presentaba en 2012 a seguinte radiografía:

775 millóns de persoas analfabetas.

Un 40% do alumnado sen asistir a clase por atoparse en zona de conflito.

215 millóns de vítimas do traballo infantil (115 millóns en condicións de escravitude e 126 millóns realizando traballos perigosos).

1,2 millóns de vítimas de tráfico infantil e 1,8 millóns explotados/as sexualmente.

300.000 nenos/as emprégandose como soldados/as en diferentes conflitos do planeta.

Se a iso engadimos o tratamento subxectivo de contidos acríticos, a falla de formación psico-pedagóxica do profesorado, a relación vertical dentro do sistema, as diferencias de acceso á tecnoloxía,… parece bastante evidente que o sistema actual máis que basearse na DUDH segue as pautas que denunciou Paulo Freire: dicir que os seres humanos son persoas e como persoas son libres, e non facer nada para acadar que esta afirmación sexa obxectiva, é unha farsa.

Autor Guillermo Cid Felpeto

Foto Ferdinand Reus

A educación do século XXI.
Deben existir poucas verbas que consigan un debate tan amplo, difícil e cheo de connotacións alleas a se mesma coma a educación.

Usada para triunfos ás veces persoais, ás veces políticos, a educación converteuse no instrumento favorito de debates habitualmente ineficaces e mesmo irritantes da escena social: as cidadás esixindo o seu dereito ao acceso e ao goce dela, e obtendo o silencio como resposta; os sectores políticos e financeiros, que ven nela a pedra angular da  creación e mantemento das ideas e xeitos de estar no mundo, apostando por modelos caducos que privan do gozo dun dereito básico.

“As mulleres e nenas teñen que enfrontar obstáculos como a distancia ata a escola, a falta de servizos hixiénicos, os matrimonios e embarazos precoces ou o coidado de familiares enfermos.”

A educación non só é a instrución da ensinanza, senón que é o instrumento perfecto de creación da convivencia cos demais e con nós mesmas, por iso, quixeramos reflexionar sobre dúas cuestións para nós necesarias. A primeira é a reivindicación de que o dereito á educación para todos e todas sexa unha realidade, e está moi lonxe de ser así, xa que hoxe en día nos enfrontamos non só a cubrir as necesidades da época tecnolóxica na que vivimos, onde a realidade é que millóns de persoas son analfabetos dixitais, senón tamén, a paliar situacións xa crónicas: a educación básica non está ao alcance de todas as persoas, e as mulleres e nenas teñen que enfrontar obstáculos como a distancia ata a escola, a falta de servizos hixiénicos, os matrimonios e embarazos precoces ou o coidado de familiares enfermos.

A segunda cuestión é a necesidade dunha aposta por unha educación emocional e sentimental que nos achegue ao coñecemento propio, e este leve ao coñecemento do outro. Pensamos que é necesario un cambio na formación e ensinanza do ser humano para o pleno recoñecemento dos dereitos universais como algo propio e inalterable.

Se o século vinte foi o século da expansión cara fora, pretendendo conquistar o universo, o século vinteún debería ser a conquista do espírito e da esencia do ser humano: seguimos sen saber quen somos, aínda que teñamos mais claro onde estamos.

Autora Enrédate Radio

Educación para… a economía?
Foto: Governo de Minas Gerais

Fóra dos círculos que rodean á educación non é moi coñecido o preámbulo da lei, impulsada polo tristemente famoso ministro Wert: A LOMCE. Sei que o preámbulo é só unha declaración de intencións, non é a lei mesma, pero léndoo podemos imaxinar a cor do que virá despois:

“E para aforrar por que non se elimina dunha vez a Relixión? Para cando o ensino laico? Cantos millóns supón pagarlle a un profesorado, colocado polo bispado e sen oposición”

Primeiro parágrafo do Anteproxecto da LOMCE (2021):

“A educación é o motor que promove a competitividade da economía e as cotas de prosperidade dun país, o seu nivel educativo determina a súa capacidade de competir con éxito na area internacional e de afrontar os desafíos que se presenten nun futuro. Mellorar o nivel dos cidadáns no ámbito educativo supón abrirlles as portas a postos de traballo de alta cualificación, o que presenta unha aposta polo crecemento económico e por conseguir vantaxes competitivas no mercado global.”

En tan pouco espazo deixa translucir a ideoloxía que a promove: educar para servir aos mercados de traballadores, cualificados ou non pero baratos e consumidores dóciles, nunha competencia global.

O sistema educativo tense que renovar pero no sentido contrario ao que se pretende, co obxectivo de educar para a convivencia, a cooperación social e o desenvolvemento libre das capacidades, o respecto ao colectivo, e ás diferenzas individuais, que faga real a integración. Haberá que ir pensando nun sistema máis libre de educación e cuestionar a

obrigatoriedade sen opcións, que leva precisamente ao fracaso. Pola contra, a pretendida lei fai que o sistema se endureza aínda máis na competición, subliñando o  academicismo, a instrución e a selección.

E para aforrar por que non se elimina dunha vez a Relixión? Para cando o ensino laico? Cantos millóns supón pagarlle a un profesorado, colocado polo bispado e sen oposición que está a traballar no ensino público, ou prolongar o horario lectivo en dúas horas semanais para esta “materia”? En troques pretenden aforrar en libros , comedores, profesorado…

Autora Ánxeles B.F., nai, profe, ex-alumna.

Que é a educación?
Feito plural a través do cal se transmiten coñecementos, valores e costumes, a partir de accións e actitudes que existen nunha sociedade e cultura determinadas.

Foto: Galiza Contrainfo

Cales son as cifras globais da educación (segundo a Unesco)?

61 millóns de nenos/as en idade escolar non asisten á escola.

Masificación das aulas: En República  Centroafricana hai 1 docente por cada 84 alumnos/as e en Malawi 1 por cada 79 alumnos/as.

Falla de medios: hai rexións do mundo, como na Provincia Nororiental de Kenia, nas que só o 8% do alumnado dispón de libros de texto.

Son moi numerosos os países nos que os docentes teñen que completar o seu salario con outro traballo.

En 2012 existen 775 millóns de persoas analfabetas. Case dous terzos son mulleres. A maioría concéntranse en Asia e África.

No mundo cómpren 6,8 millóns de docentes.

O 38% da infancia de Africa e o 47% de Asia Meridional está desnutrida (en África morreron 3,8 millóns de nenos/ as antes de cumprir os 5 anos), o que afecta ao seu desenvolvemento e estrutura cerebral.

Cales son os problemas do sistema educativo en Galicia?

“Na  elaboración da Lei Wert non se contou coa comunidade educativa nin con outras administracións.”

a) Lei Orgánica para a Mellora da Calidade da Educación (LOMCE ou “Lei Wert”)

O Ministerio de Educación está intentando implantala para o curso 2014/2015.

Carácter non democrático. Na  elaboración non se contou coa  comunidade educativa nin con outras administracións; ademais a dirección  pasa a nomeala a administración e o consello escolar deixa de ser decisorio.

Concepción mercantil da educación.  Os mercados considéranse por  riba das persoas. A lei non busca a formación integral dunha cidadanía, senón pezas do sistema produtivo.

Basea a educación na exclusión e a segregación. A escola pública pasa a ser subsidiaria da privada a quen se lle amplían os concertos. Exclúese o alumnado con dificultades e vulnérase a igualdade de oportunidades. Ademais permite a separación de sexos, crenzas e procedencia social.

Entende a educación de xeito antipedagóxico. Impón probas externas (reválidas) como control de calidade e permite publicar rankings. Reduce a tarefa do profesorado á mera instrución, sen medios para atender á diversidade do alumnado.

b) Decreto 79-2010, un ataque frontal á lingua galega.

Viola a Carta Europea das Linguas no artigo 8.1, pois non prevé un modelo de inmersión lingüística.

Viola a Lei Orgánica de Educación nos artigos 9.2, 26.2 e 35.2, pois permite que o alumnado non empregue a lingua vehicular establecida para as materias.

Viola a Lei de Normalización Lingüística no artigo 13, porque non respecta o  ensino na lingua materna; no artigo 13.2, porque diminúe por primeira vez a porcentaxe de materias en galego.

Obriga o profesorado á insubmisión  pois o decreto promove o incumprimento dos tratados internacionais e das leis establecidas.

c) Ofensiva total en contra o sistema publico.

“A Xunta de Galicia financia os 5 centros de Galicia que segregan por sexo (4 ligados ao Opus Dei) a pesar de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarao ilegal esta práctica.”

A Xunta de Galicia financia os 5 centros de Galicia que segregan por sexo (4 ligados ao Opus Dei) a pesar de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarao ilegal esta práctica.

Dende o 2009 a Xunta dedicou máis de 1000 millóns de euros aos centros privado-concertados e renovou o concerto por 942 millóns de euros para os vindeiros 4 anos.

A contrapartida é que a Xunta suprimiu 111 centros públicos en 4 anos e medio que leva no goberno.

Dende o inicio do 2013 suprimíronse ademais 1.225 docentes da pública, pero mantéñense 1.000 de relixión católica colocados/as polas autoridades eclesiásticas sen control da administración galega e sen someterse a ningún proceso público. Así centos de alumnos/as reciben a materia dun profesorado non especialista que realiza tarefas para as que non está formado/a.

A Xunta suprimiu o programa de libros gratuítos para todo o alumnado e anunciou que espallará o “repago” nos comedores de centros públicos.

Na universidade pública suprimíronse postos de profesorado (substituídas por persoas non especialistas) e máis de 400 investigadores/as (coa conseguinte paralización dos proxectos).

Foto: Governo de Minas Gerais

E ti, que podes facer?

Ti es un ente activo que fai reaccionar á contorna. Formas parte dunha sociedade sobre a cal inflúes. Debes ser consciente que ti te educas e axudas a educar ao resto das persoas que te rodean en cada situación na que participas. O teu rol debe ser reflexivo, crítico e activo. Así que infórmate, participa e informa sobre as alternativas ao sistema convencional de educación: dende o ensino na casa aos centro educativos alternativos (Pumariños, O Pelouro, A Semente ou Meniñeirxs, son algúns exemplos galegos); participa nas estruturas que existen e nas que outra xente se coordina para tentar mudar a situación actual (organizacións, sindicatos, asociacións, colectivos,…) e por suposto… asiste ás iniciativas e accións que se mobilizan contra un sistema educativo clasista, ilexítimo, inxusto e desigual. Os vindeiros 22, 23 e 24 de outubro haberá folga xeral do estudantado e ese mesmo día, 24 de Outubro, a folga xeral será apoiada tamén por profesorado, nais e pais.

Autor Ecoar)))

Editorial (Outubro).
No estado español cada ano fabrícanse máis de 300 millóns de libros, deles perto do 25% son os “libros de texto non universitarios (principalmente de Primaria e a ESO, estudos obrigatorios). En diñeiro isto tradúcese nuns 750 millóns de euros que son un gasto “obrigatorio” para boa parte da cidadanía; as familias con escolares gastan unha media de 200 euros ao ano somentes nestes libros. Entretanto, no curso 2012/13 o goberno do estado español reduciu as axudas a merca deste tipo de libros un 47 % (61 millóns menos); nese curso, 578.549 escolares deixaron de recibir axuda algunha para mercarlos.

É paradoxico e cruel, a industria editorial española ten potencial para cubrir as necesidades de varias veces as súa poboación escolar, pero como o libro de texto é considerado polo sistema coma outra mercadoría máis, moitisimos escolares teñen dificultades para acceder a unha das suas principais ferramentas de traballo.

O problema dos libros de texto e do sistema educativo en xeral, é outra das falcatruadas do capitalismo na nosa sociedade: ante a Crise, cada día esixese maior formación laboral e cultural (“temos que ser competitivos” din os gurús neoliberais*), pero ao mesmo tempo desmóntanse os servicios sociais do Estado do Benestar que facilitaban o acceso a ela, sen que se deixe agromar a resposta social solidaría. O resultado é un abismo que se esta abrindo baixo os pes de millóns de xóvenes que están quedando sen unha educación de calidade.

De non cambiar o rumbo radicalmente, pronto o problema da nosa sociedade non será a burbulla inmobiliaria, as dificultades financieiras ou a deslocalización industrial; nunha  xeración, o problema dos Xóvenes Aunque Sobradamente Preparados convertidos en mileurista e MacTraballadores precarios será irrisorio comparado co panorama de millóns de xóvenes que unha vez excluidos da educación, tamén o estarán totalemente do traballo digno, os bens básicos e a cultura. De afondar esta fenda educativa, a cultura deixará de ser un medio de cohesión e progreso social, para pasar a ser unha descarnada forma de opresión e explotación dunha parte da sociedade sobre outra.

* ”A educación é o motor que promove a competitividad da economía e o nivel de prosperidade dun país.” Primeira oración do preámbulo da proposta de “Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa”

Autor Revista A Boia

Ilustración Pels.