Daniel Garcia Reigosa – Revista A Boia

Imbéciles e Escuros

A onde carallo van os impostos?
Os cidadáns somos adoutrinados na crenza de que cos impostos estamos a contribuír coa sociedade. Trátase dun pacto ineludible co que renunciamos ao ben individual a favor do ben común. Pero dende o comezo ese pacto nace en falso, pois nin os cidadáns poden escoller se queren contribuír, ou en que medida, nin tampouco poden escoller a que van destinados os seus cartos. O todopoderoso Estado, encarnado na casta política que pide o voto en eleccións pero que non pide opinión no resto da lexislatura, é quen rouba e decide.

“O pacto dos impostos, non subscrito libremente pero de

obrigado cumprimento, é unha estafa consumada.”

Levamos anos vendo como os servizos sociais que din brindar o estado de medio-benestar foron arrincados de raíz. O Estado desenténdese completamente dos cidadáns. Que llo pregunten ás persoas desafiuzadas sen diñeiro nin vivenda, aos parados sen prestacións, aos dependentes abandonados á súa sorte, aos xubilados que cobran cada vez menos, aos estudantes sen bolsa, aos pacientes que deben pagar as medicinas, aos denunciantes/denunciados que pagan as taxas xudiciais, aos preferentistas estafados pola banca, aos emigrantes privados de sanidade, etc… Non son casos illados, son un síntoma da podremia do sistema.

A pregunta que titula este artigo ronda polas mentes da inmensa maioría da poboación. Pagamos cada vez máis impostos, e incluso créanse algúns novos, a cambio de menos prestacións. O pacto dos impostos, non subscrito libremente pero de obrigado  cumprimento, é unha estafa consumada. A ninguén se lle escapa que, ao igual que os intermediarios son os responsables de que a un agricultor se lle pague 0,20€ o quilo de tomates pero se venda a case 2€, os intermediarios aquí (os políticos) son os que quedan cos cartos. Moito máis doloroso é ver como a actualidade política énchese de novas que falan de políticos corruptos, de gobernos e partidos que malversan fondos públicos, de ministros e cargos públicos que evaden impostos, de grandes fortunas feitas a costa do contribuínte agochadas en paraísos fiscais, de empresarios explotadores enriquecidos coa escravitude dos seus traballadores… Diferentes casos que teñen un trazo común: os que administran os bens comúns evaden a obriga que lles impoñen aos seus administrados: o sacrosanto deber de pagar relixiosamente os impostos.

Daniel García Reigosa.

A sociedade de consumo e o engano empresarial.(Segunda parte).
O engano da clase media.

O boom económico das últimas décadas axudou a estender a falsa idea da universalización da clase media, necesaria para incentivarnos a consumir. Con algunhas concesións básicas como o lixeiro aumento dos salarios e algúns dereitos laborais, os poderes económicos coaligáronse cos bancos e dominaron ás elites políticas que dende entón xogan o papel de monicreques dos mercados. Estafas como os créditos, microcréditos, hipotecas e préstamos conseguiron un exército de novas vítimas, seres racionais convertidos en irracionais ao estaren atados a un banco ou a unha financeira para poder acceder a dereitos básicos como a vivenda ou a pequenos luxos como os automóbiles. Non é casualidade que desgravase a compra de vivenda e non o aluguer (foi un mercado en auxe ao que debían darlle saída), que os gobernos financiasen a  renovación do parque automobilístico con suculentas axudas públicas que repercutían sobre só algúns consumidores.

Agora que a crise sistémica golpea a todos os sectores da sociedade descubrimos que todo iso era aparencia e fachada. Non “vivimos por riba das nosas posibilidades”, como repiten os voceiros do capital, senón que eles permitiron e mesmo alentaron que todos tivésemos a impresión de que todos tiñamos un nivel adquisitivo semellante para que consumísemos desenfreadamente mentres eles se lucraban. Pouco lles importa o nefasto impacto ambiental do seu sistema insostible, as consecuencias que sobre a nosa saúde e calidade de vida ten, as súas repercusións sobre os países e os traballadores explotados e mesmo as penurias que o consumo irracional supoñen para unha poboación que é desafiuzada, que busca comida no lixo, que forma filas quilométricas de parados fronte ás oficinas do INEM, que non pode afrontar os seus préstamos, que é estafada

con produtos bancarios enganosos etc…

O Cumio de Johannesburgo (2002) deu o dato de que o 15% da poboación mundial que vive en países desenvolvidos é responsable do 56% do consumo total do mundo, mentres que o 40% máis pobre é responsable soamente do 11% do consumo. Esta é a esencia do consumismo: gañar máis sen mirar as consecuencias e conseguir unha sociedade baleira e inhumana con necesidades artificiais inesgotables que eles mesmos nos impuxeron e infinidade de posesións prescindibles que crean unha sensación de opulencia e comodidade.

Autores Daniel García Reigosa (mestre e membro da PAH Vigo-Tui) e Eduardo Garzón Espinosa( membro de ATTAC España).

A sociedade de consumo e o engano empresarial.(Primeira parte).
Unha saída a sobreproducción.

Ao longo de toda a historia o ser humano consumiu unicamente os bens e produtos que necesitou para o desenvolvemento normal da súa vida. Pero este hábito de consumo por necesidade foi substancialmente modificado durante o século pasado, pois a comezos do século XX os avances na organización do traballo nos medios produtivos xunto co progreso tecnolóxico deron un forte pulo ás fábricas produtoras aumentando a produtividade. Conseguiuse producir os mesmos produtos a unha velocidade maior. Non obstante ese fenómeno topouse cun problema importante: para obter beneficios non só abondaba con producir máis e máis rápido, senón que tamén había que vender esas mercadorías. Como a velocidade á que se producían as manufacturas aumentara pero non a velocidade á que se vendían, os ingresos seguían entrando á mesma velocidade de sempre e non se obtiñan vantaxes pola maior velocidade de fabricación (mesmo xurdían desvantaxes, debido ao aumento dos custos ao producir maiores cantidades).

Unha das solucións máis importantes a este problema veu da man da ciencia da psicoloxía. A idea era moi simple: abondaba con vencellar un produto a unha idea calquera que conseguise motivar ou emocionar ás persoas para empurralas a comprar máis usando mensaxes publicitarias orientadas ás masas. Os empresarios da época constataron que os hábitos consumistas podían ser modificados a través de mensaxes que debían ir directas ao subconsciente máis profundo das persoas. Os coches comezaron a ser anunciados como símbolo de poder, de opulencia e de liberdade; en vez de anunciarse polas súas calidades máis palpables e visibles, a roupa comezou a ser publicitada como insignia de distinción entre as persoas e como sinal caracterizadora, pois comprar unha determinada marca de roupa suxería pertencer a unhas determinadas esferas da sociedade en vez de simplemente buscar protección fronte ás inclemencias do tempo.

Así foi como os grandes empresarios crearon novas necesidades ás masas para que a xente se vise empurrada a comprar os produtos que eles vendían de xeito que se lle dese saída á inmensa cantidade de produtos que fabricaban. Alimentaron a demanda con estrataxemas publicitarias que atacaban as raíces máis emocionais e sensibles da mente humana para dar solución ao problema da sobreprodución. Decatáronse de que dispoñían do poder necesario (diñeiro e medios en cantidades abondas) para manipular en boa medida as decisións de compra das masas.

Autores Daniel García Reigosa (mestre e membro da PAH Vigo-Tui) e Eduardo Garzón Espinosa( membro de ATTAC España).