Soberanía alimentaria – Revista A Boia

Os SPG: Sistemas Participativos de Garantía
Fronte aos selos “oficiais” de certificación ecolóxica dos alimentos) xorden os Sistemas Participativos de Garantía, xa en marcha dende hai anos nalgúns países como Brasil, Perú, Uruguai, Nova Zelandia, Chile, Bolivia… Na península en Andalucía e Murcia.

“Fronte aos selos ‘oficiais‘ de certificación ecolóxica dos alimentos xorden estas comunidades de produtoras e consumidoras para crear o seu propio selo”

Os SPGs funcionan a nivel local. Unha comunidade de persoas produtoras, algunhas veces tamén conxuntamente coas consumidoras, xúntase co  obxectivo de crear o seu propio selo. As condicións  de produción que garanten os produtos son establecidas entre todas as partes. Tamén é esa comunidade a encargada de supervisar o cumprimento das mesmas, e pode ter unha importante labor formativa, axudando e informando ás persoas que desexen ser incluídas así como compartindo entre todas coñecementos, sementes e incluso pequena maquinaria ou ferramenta se é o caso. As condicións que garanten o “selo” poderían ser por exemplo: descartar o uso de agroquímicos, o monocultivo, limitar os desprazamentos no transporte, favorecer o uso de sementes locais, evitar maquinaria industrial, empoderar as pequenas producións fronte ás grandes empresas onde o selo ecolóxico nos envases é so un elemento máis de venta, parte do negocio e da publicidade, e non dunha concepción respectuosa co medio e as persoas. Estes sistemas teñen unha importante pegada no social, xa que precisan unha organización libre, participativa e implicada das persoas que os integran.

Na actualidade para que un produto sexa considerado “ecolóxico” ha de cumplir un regulamento alleo (CE 834/2007), por iso se chama certificación “por terceira parte”, so outorgado por organismos “legalmente autorizados”, con custe económico e gran esforzo por parte dxs pequenxs produtorxs que non poden competir coas grandes empresas que ”fabrican en ecolóxico” a gran escala.

Neste intre estase a crear un SPG en Galicia, abranguería a zona sur da provincia

de Pontevedra, aínda que nun futuro podería medrar, ou, o que sería mellor, servir de impluso para que outras comunidades locais, tomen a iniciativa de crear selos propios. O grupo de traballo para o SPG en Galicia comezou hai pouco tempo o seu proxecto, que xa conta con ferramentas dixitais que axudan ao avance creadas dende Galiza Imaxinaria.

Se tes interese en participar no proceso como produtora ou consumidora podes escribir ao seguinte enderezo:

spg@roldas.saramaganta.info

Ánxeles Bouzó Fernández

Foto: Son de Bueu

Soberania alimentar.
O sistema industrial de produción e comercialización de alimentos caracterízase pola insustentabilidade, a oligarquía e a exportación relegando a un segundo plano a satisfacción das necesidades alimentares das poboacións locais. Centrada na obtención dun beneficio capitalista, actúa dun modo que impide a labregos e labregas acceder aos recursos necesarios para producir os alimentos básicos e reduce á mínima expresión a capacidade do consumidor de decidir que alimentos consumir.

“A soberanía alimentar presentase como unha alternativa para as persoas que queren ficar no rural dunha forma digna”

A Soberanía alimentar preséntase como unha alternativa para as persoas que deciden ficar no rural dunha forma digna, fronte a un modelo que orienta o rural ao subdesenvolvemento mediante o desmantelamento dos servizos públicos e a desaparición da cultura labrega, e que levou en 2008 a que por primeira vez a poboación urbana do planeta superara á rural.

A Soberanía alimentar promove o dereito a decidir que alimentos producir e consumir, a convicción de que se pode vivir sen devorar o planeta e de que é posible acabar coa fame e a desnutrición superando o industrialismo. Promove tamén a recuperación de modos de produción máis respectuosos coa contorna natural e social, mediante a adaptación da produción aos ciclos naturais, o respecto polas condicións de traballo e o facilitar o acceso de toda a poboación aos alimentos.

“A nosa capacidade de decidir que producimos e consumimos é cada día menor”

A Galiza, como parte da minoría global privilexiada, non padece problemas de abastecemento de alimentos para a súa poboación, pero non por iso goza de Soberanía alimentar. A nosa capacidade para decidir os alimentos que producimos e consumimos é cada vez menor, porque o noso rural esmorece; porque estamos a desertizar a nosa terra, ríos e mar; e porque dependemos do sistema industrial. Ao mesmo tempo, somos fonte de erosión da Soberanía Alimentar doutros pobos polo que só avanzando na nosa propia Soberanía Alimentar construiremos unha Galiza cun rural vivo, ecoloxicamente sustentábel, socialmente xusta e compatíbel coa dos demais pobos do mundo.

Autoría Verdegaia.

Soberanía alimentaria e feminismo.
A Marcha Mundial das Mulleres (MMM) adoptou unha postura totalmente contraria á industria alimentaria no VI Encontro Internacional de Perú, 2006, ao asumir o principio de Soberanía Alimentaria dos pobos, como aspecto integrante e transversal dos catro campos de acción nos que decidimos organizar as nosas loitas. En alianza con Vía Campesina (VC), acordamos seguir profundando sobre este concepto e as implicacións que ten na vida das mulleres.

Esta alianza tivo a súa primeira posta en escena a nivel internacional no Encontro de Nyéléni (Mali 2007), onde xunto cos movementos indíxenas, campesiños e ecoloxistas, VC xuntamos esforzos na consecución de obxectivos fundamentais para a MMM: rematar coa feminización da pobreza e eliminar a violencia de xénero. En Galiza asistimos a este proceso cando acollimos o VII Encontro Internacional en Vigo-2008, cun Foro sobre Soberanía Alimentaria e unha Feira de Soberanía Alimentaria. As accións de defensa dos nosos territorios, a agroecoloxía e o Cumio dos Pobos (paralelo á celebración da Conferencia da ONU sobre desenvolvemento sustentable, Rio+20), achégannos a unha nova forma de vida no planeta en solidariedade, oposta á mercantilización da natureza e da vida, pola defensa dos bens comúns e en favor da xustiza social e ambiental.

Dende o feminismo reformulamos os conceptos de traballo, familia, sostibilidade, para incluír neles á vida mesma, incorporando as relacións humanas como parte dos conflitos e relacións de poder. Así, as organizacións feministas propomos a despatriarcalización do Estado, quen nunca abandonou o machismo, tomando as mulleres como recursos dispoñibles para complementar as súas obrigas, por medio da división sexual do traballo e reforzando o modelo patriarcal de familia.

As mulleres sabemos que a nosa loita é todo o día, somos mulleres e non mercadoría!

Para as mulleres o capitalismo non ten ECO.

Autora Marcha Mundial das Mulleres Galicia.

Soberanía alimentar práctica: o rexurdimento da cultura da landra.
O pasado ano, Dennis Meadows, autor do libro Os límites do Crecemento comentaba nunha entrevista á revista Format que se ben a produción de alimentos medra dende os anos 90, a poboación o fai aínda máis rápido. Ademais, cada caloría que inxerimos leva dez calorías de combustibles fósiles no seu ciclo produtivo, mentres as reservas de combustibles fósiles diminúen.

A agricultura industrial consume tamén auga e solo. O regadío forzado está a esgotar moitos acuíferos, e segundo a FAO, nos últimos 20 anos o solo perdido equivale á superficie cultivable dos EEUU. A subida dos prezos dos cereais, que ameazan ao sector gandeiro nos países industrializados e á alimentación humana nos países empobrecidos, demostra que o agrosistema globalizado hoxe non é sostible. Mais existen alternativas.

Hai rexistro histórico, arqueolóxico e etnográfico do consumo de landras (semente dos carballos) en Europa, Asia e América do Norte, mesmo ata hai ben pouco na propia Península Ibérica, onde foi un alimento fundamental ata a conquista romana.

Cada outono, atopamos landras no bosque ou na devesa, que tamén proporcionan outros alimentos e materiais, conservan a biodiversidade, crean solo e favorecen a rexeneración dos acuíferos. A produción de landra seca oscila entre 700 e 2000 kg por hectárea e ano, sendo un recurso a ter en conta para enriquecer os nosos menús, aproveitar as zonas forestais pouco aptas para a agricultura, acurtar a distancia entre a produción e o consumo, revitalizar o sector forestal galego.

A fariña de landra é un alimento equilibrado que se conserva durante moito tempo, debido ao seu contido en taninos. Estes taninos deben ser lavados con auga antes de  consumirse, e esta auga rica en taninos é un efícaz antiséptico que algúns pobos empregaron como medicina, deterxente ou tinguidura.

Nas Rías Baixas xa hai permacultores experimentando con este recurso ancestral para a soberanía alimentar: pan, gachas, pasta…. Mesmo algún atrevido está a facer cervexa!

Para máis información: http://dawamoru.blogspot.com.es/

Autor: Juan Pablo Forti.