Dereitos humanos – Revista A Boia

Territorios palestinos ocupados. Campos de exterminio?
O  que queda de Palestina hoxe son os territorios de Cisxordania (6.220 km2) e Gaza (365 km2). Nos mapas que se achegan vemos como foi sendo ocupada militarmente por Israel en diferentes etapas, invadido pola forza, contra todas as resolucións da ONU e demais organismos internacionais de xustiza.

Como nun campo de concentración o muro ilegal que Israel comezou a construír no 2002 déixaa pechada á poboación. Nalgúns puntos, este muro de formigón acada os sete metros de altura, cando estea finalizado chegará case aos 750 km de lonxitude.

Por outra banda están os asentamentos, tamén ilegais, de colonos xudeus. Para comunicar entre si estas colonias, o estado israelí constrúe 14.000 quilómetros de estradas en Cisxordania, illando entre si ás poboacións palestinas, que non poden circular libremente por elas. A isto súmase o bloqueo económico e de circulación imposto.

É  dicir, que por riba de facer moi difícil a vida diaria, confíscanlle as terras e a auga potable ao pobo palestino.

“Para ir completando o xenocidio, cada tanto tempo Israel leva a cabo ‘opercións‘ militares. A última matou a 1.865 palestinos”

Para ir completando o xenocidio, cada tanto tempo Israel leva a cabo “operacións” militares. No 2008 “Chumbo fundido”, contra a Franxa de Gaza, causando máis de 1.400 civís palestinos mortos. No 2012 lanza unha ofensiva militar denominada “Pilar de Defensa” tamén sobre Gaza co obxectivo declarado de decimar ao goberno de Hamás. Tras case un mes de ataques aéreos o saldo foi de 155 palestinos e 5 israelís mortos.

O último ataque sobre Gaza, denominado “Marxe protector”, tivo como consecuencia, de momento, 1.865 palestinos mortos e 9.400 feridos en Gaza, maiormente civís, entre eles máis de 400 son nenos e nenas. As bombas caen indiscriminadamente sobre escolas e hospitais. 60.000 persoas non teñen onde agocharse. Isto é, un campo de exterminio. Pola banda de Israel hai 67 mortos, 64 dos cales son soldados.

A desigualdade de medios militares, de riqueza e desenvolvemento económico entre as dúas partes é cada vez máis grande. Hai un país que gaña sempre, que invade territorios e hai outro que intenta defenderse cos poucos medios dos que dispón, e ao que se lle está a desposuír de todo. Polo tanto é difícil non poñerse do lado Palestino.

O motivo co que Israel escusa estas operacións é a súa defensa contra Hamás, considerado grupo terrorista por EEUU, Israel, Europa e algúns países máis. Pero a lista de cambios e reformas ligada a Hamás gañou as eleccións xerais palestinas no 2006. Dende entón o goberno de Hamás en Gaza está baixo o bloqueo de Israel.

“Cales son os criterios para considerar terrorista a Hamás? O que mata máis civís e o estado de Israel, non debería ser este o calificado como terrorista?”

Cales son os criterios para considerar terrorista a Hamás? Que pretende unha defensa armada? Se ao longo de tantos anos o bando que produce máis vítimas humanas civís, o que ocupa territorios ilegalmente, o que bloquea e intenta asfixiar a un pobo para quedarse cos territorios é Israel, por que non se fala de Terrorismo de Estado neste caso?

No ano 2012 a ONU recoñece o dereito do pobo palestino a establecer un estado propio, coas fronteiras de 1967. Votaron en contra Israel e Estados Unidos, xunto con Canadá, República Checa, Panamá, Nauru, Palau, Micronesia e as Illas Marshall, pero os votos a favor foron de 132 nacións. Aínda que é interesante sinalar a abstención de Alemaña e Reino Unido, xunto con outros países do Báltico. Isto supuxo un bo contratempo para Israel. E recentemente, neste ano, os grupos de Hamás e Al Fatah acordaron por fin un goberno de unidade para Palestina. Isto supón outro golpe máis.

É neste momento cando se inicia a última ofensiva. Resulta un tanto estraño que sexa Hamás quen a comece. É fácil deducir a quen beneficia.

Como reacción, as xentes de moitos países manifestámonos nas rúas, saímos a cada asalto en defensa do pobo palestino, canalizando neses actos a nosa impotencia e tristeza. O sistema bríndanos este dereito a desafogar, pacífica e organizadamente.

Creo que a nosa mobilización debería ir en contra dos nosos propios gobernos. Presionándoos de xeito continuo para que a lexislación e os tratados internacionais que asinaron se cumpran. E, ao mesmo tempo, que presionen a Israel con medidas de boicot comercial, financeiro, institucional, intelectual…

Nestes días vemos que a UE endurece as sancións contra Moscú polo seu papel no conflito de Ucraína, despois do derrubamento do avión de Malaysia Airlines, impoñendo medidas contundentes ao seu sector financeiro, enerxético e militar.

Por que non hai unha resposta semellante, con moitas máis razóns, contra o Estado de Israel?

Pódese asinar para pedir a EE.UU deixe de vender armas a Isarel en:

https://www.es.amnesty.org/actua/acciones/eeuu-dejar-armar-israel-jul14/

Ánxeles B.F.

O medio ambiente como “dereitos humanos”.
No século XVIII, na: “Asamblea Nacional Constituínte dos Estados Xerais (clero 291, nobreza 250 e terceiro estado o burguesía 577), reunida ao toque do rei Luís XVI, (1.118 deputados) nacía “A Declaración dos Dereitos do Hombe e o Cidadán de 1789”, a primeira xeración dos dereitos humanos con carácter de universalidade.

A segunda xeración nace coa Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948 e inclúe entre outros o dereito á saúde, ao benestar, a unha vida digna ou á alimentación.

Na medida en que a sociedade evoluciona, son mais as necesidades dunha maior protección, polo tanto amplíase e posibilita a reivindicación da dignidade humana.

A Declaración das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente Humano suscrita en Estocolmo 1972, xa establece un dereito do ser humano a: “condicións de vida satisfactorias en un ambiente no que a calidade lle permita vivir con dignidade e benestar”. Ou do “deber solemne de protexer e mellorar o medio ambiente para as xeracións presentes e futuras”. Existen outras declacións e, ou, resolucións (reunión mundial de Asociacións de Dereito Ambiental, Limoges 1990; Declaración

Conferencia Nacións Unidas Rio de Janeiro 1992; Cumio de Johanesburgo de 2002).

“Non é doado dixerir a sentenza sobre a catástrofe do Prestige sen que se declaren responsables directos. Acaso non teñen responsabilidades os que utilizan unha bomba flotante?”

Con tanta declaración, recomendación e lexislado, non é doado dixerir a sentenza sobre a catástrofe do Prestige sen que se declaren responsables directos. Acaso non teñen responsabilidades os que utilizan unha bomba flotante, (empresas armadoras, aseguradoras, as que revisan a seguranza de navegación, etc?. Non teñen responsabilidades os que xestionaron o accidente, Estado Español, capitán marítimo, ministro do ramo, capitan do barco, etc?

Tampouco é doado ver como se contamina con verquidos de augas fecais e industriais -sen depuración previa- as rías e ríos do noso territorio, coa compliciadade de Concellos, Comunidades Autónomas, Estado Español ou Unión Europea.

O dereito a unha utilización da natureza e a un bo estado medio ambiental forma parte da calidade de vida dos seres humanos e dos dereitos dos cidadáns, tanto a titulo individual como colectivo, pero tamén a obriga do coidado, preservación e defensa permanente que debe ser por sempre a nosa guía e norte do comportamento como seres humanos.

Autor Serxio Regueira Gómez. Presidente da Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”.

Foto: manuelc2005.

A rede de escolas polos dereitos humanos de Amnistía Internacional.
Hai catro anos Amnistia Internacional (AI) comeza un novo proxecto: levar o activismo en favor dos Dereitos Humanos (DDHH) á educación. Nace a Rede de Escolas polos DDHH. Na provincia de Pontevedra hai neste momento 15 centros educativos adscritos á mesma, dependentes do grupo local de AI enVigo.

“Trátase de involucrar e concienciar á mocidade na necesidade da defensa destes dereitos e facelos coñecedores de realidades que non aparecen nos medios de comunicación.”

Trátase de involucrar e concienciar á mocidade na necesidade da defensa destes dereitos e facelos coñecedores de realidades que non aparecen nos medios de comunicación nin nos libros de texto. O alumnado participa nas campañas propostas, na recollida de sinaturas, charlas, exposicións, recibindo e manexando información…

A campaña actual céntrase na crise en España e nos recortes, tanto no social como na liberdade, que está supoñendo: a vivenda, a sanidade, a educación, a falta de liberdade.

A Declaración Univeral dos Dereitos Humanos é unha utopía, o feito de que algún día se cumpla en todo o mundo non é crible, pero, que sucedería se ningunha persoa levantara a voz ou puxera en evidencia as desfeitas?, se ningunha loitara malia todo en defensa da xustiza, da igualdade… dos dereitos fundamentais? Como dicía Gandhi, “o peor ante o mal é o silencio da xente boa”.

O sistema educativo tería que involucrarse. Os dereitos fundamentais e os deberes que conlevan deberían estar presentes e practicarse na realidade dos centros. A materia que máis se achega de forma teórica a isto é a de Educación para a Cidadanía que desaparecerá en breve dado que non se considera importante! Pero hai moito profesorado implicado que busca ferramentas porque concibe a educación doutro xeito, a Rede de Escolas polos DDHH é unha delas.

Todo isto sen esquecer que a maneira natural que temos de aprender é a da imitación, polo tanto, para que a sociedade do futuro aprenda a defender os dereitos propios e alleos, o mellor é que a sociedade de hoxe poña en práctica esa loita.

Se pertences á comunidade educativa dalgún centro e che interesa esta proposta tes información no seguinte enlace: https://redescuelas.es.amnesty.org/index.php

Autora Ánxeles Bouzó F. Educación AI-Vigo.

Prisión e dereitos humanos.
Cantas veces nos dixeron que o Estado garante os nosos dereitos sociais, sindicais, humanos…

Non fai falla ir moi lonxe para saber que é falso, que o único dereito que temos é o de ser pobres ou o de ser persoas obedientes e disciplinadas. Se non cumpres co teu dereito de cidadá/án obediente, ou cuestionas estes dereitos, acabáronse os teus anos como  persoa que anda pola rúa en suposta liberdade.

E se na rúa nos golpea, nos humillan, nos enganan? Que acontecerá nas prisións? Onde se construíron altos muros de formigón, arames de espinas, cámaras de videovixilancia, portas automáticas, cristais blindados, camas de suxeición mecánica, galerías de illamento…

“A tortura practícase de xeito sistemático nos lugares de encerro que rexenta o Estado. Alí os dereitos humanos brillan pola súa ausencia.”

Acontece o que xa sabemos, o que moitas denunciaron, o que denunciou o Tribunal Superior de Dereitos Humanos de Estrasburgo: a tortura practícase de xeito sistemático nos lugares de encerro que rexenta o Estado. Alí os dereitos humanos brillan pola súa ausencia: nin educación, nin sanidade, nin liberdade de expresión ou pensamento. Falta o trato respectuoso e digno ás persoas. Os dereitos recollidos tanto na Declaración Universal como na Carta Europea, son simplemente papel, aínda peor, papel mollado que nin para acender un lume serven.

Nada temos que agardar dunha máquina que foi deseñada e ideada como forma de control da poboación. As Cartas, Constitucións… son maquillaxe que empregan para despistarnos, adornar un réxime de terror que ven de lonxe.

Nas cárceres, nas rúas, temos que cobrar conciencia de que somos pobo. Os lazos sociais comunitarios destruídos por un capitalismo salvaxe deben ser recuperados e as cidades tóxicas e as súas industrias reformuladas.

Rebelarnos e apoiar aos que se rebelan, construír solidariedade, derrotar a avaricia, o egoísmo individualista que fomenta o Capital é o camiño para fortalecer unha nova sociedade que xa existe hoxe en día na práctica subversiva, no amor anticapitalista.

SOLIDARIEDADE COAS PERSOAS PRESAS.

POLA DESTRUCIÓN DO CAPITAL E A SUA DOMINACIÓN.

Grupo de Apoio Galiza Sur á Campaña CÁRCERE=TORTURA.

Foto Emilio Ruiz

noestansolxs@gmail.com

http://www.carceligualtortura.org/

Que son os dereitos humanos?
Os dereitos humanos son unha convención social que proclama a dignidade de todas as persoas en base a unha única razón: a súa condición humana.

Así, de forma xurídica, defínese a relación de cada individuo e colectivos coa sociedade universal á que pertencemos, fixando uns criterios fundamentais que aseguren a  dignidade, liberdade e realización de todas as persoas por riba de condicionantes particulares (orixe, sexo, cultura,…)

Como se enuncian os dereitos humanos?

A existencia duns dereitos para todas as persoas aparece unha vez a concepción humanista da realidade desterrou á relixiosa. Inicialmente, este “humanismo” só abranguía a unha minoría (quedaban fóra as mulleres, os pobos considerados “inferiores”…), e ainda hoxe en día non está asumido universalmente.

Haberá que esperar á fin da II Guerra Mundial para comezar a enunciar os dereitos humanos dun xeito universal. En 1948, a Asemblea Xeral da ONU formularon a “Declaración Universal dos Dereitos do Home” (DUDH).

Críticas á declaración universal dos dereitos humanos.

Non Pluralidade A DUDH, aínda que se pretende universal, é filla do seu  tempo e dos seus pais, os Estados-Nacións que venceron na II G. M. Daquela, a maior parte do mundo era unha colonia dos países occidentais… así na DUDH non se recoñece o dereito a autodeterminación dos pobos.

Androcentrismo O texto da Declaración de 1948 mudou o nome, pasando a ser a “Declaración Universal dos Dereitos Humanos”.

Defensa do Estado-nación por riba de todo No s XXI, tamén se ten centrado a visión nos axentes que enuncian os dereitos humanos. A “Declaración Universal de Dereitos Humanos Emerxentes”, fixose tendo en conta as propostas, non dos estados-nación, senon das persoas, da sociedade.

“A ‘Declaración Universal de Dereitos Humanos Emerxentes’, fixose tendo en conta as propostas, non dos estados-nación, senon das persoas, da sociedade.”

Cales son os dereitos humanos?

Na DUDDH se recolleron moitos dos dereitos humanos básicos:

Á vida e a integridade física.

Á presunción de inocencia, a igualdade ante a lei, a un xuízo xusto e á non

aplicación retroactiva das leis.

Á liberdade de conciencia e expresión.

Á liberdade de asociación, sindicación e participación política.

A ter condicións de vida dignas (alimentación, vivenda, vestido, saúde,

asistencia médica,…).

Ao traballo, á seguridade social e ao descanso.

Á educación fundamental gratuíta…

Coma se garanten os dereitos humanos?

Trala DUDH demostrouse deseguido que a simple enunciación dos dereitos humanos é insuficiente para conseguir a dignidade das persoas; é precisa unha acción social e política. Por esta razón a ONU iniciou un proceso para que existise un mecanismo vinculante.

En 1966, enunciáronse os “Pactos Internacionais polos Dereitos Economicos, Sociais e Culturais” (PIDESC) e o “P. I. polos Dereitos Civis e Políticos” (PIDCP) nos que por fin, entre outras cousas, a ONU recoñecía o dereito á  autodeterminación dos pobos e a prohibición da pena de morte. Estes pactos entre os Estados incluían uns protocolos para garantir o cumprimento dos dereitos humanos dentro dos seus territorios.

Non foi até 1976 en que por fin certo número de estados aceptou asumir os pactos. Aínda hoxe en día grandes países como EE.UU, China, Pakistán, Sudáfrica, …, non os asinaron.

“A violación dos dereitos humanos é sistemática e continuada. Na maioría dos casos son os Estados os que violan os dereitos humanos.”

Quen viola os dereitos humanos?

En xeral a violación dos dereitos humanos é sistemática e continuada. Na maioría dos casos son os Estados os que violan os dereitos humanos:

No ano 2012, os estados executaron polo menos 682 persoas e outras 1722 foron condeadas (1).

No estado español hai máis de 30.000  “persoas sen teito” (2). En 2012 houbo máis de 32.000 desafiuzamentos de primeira vivenda; arredor de 2.500 destes fixéronse mediante a forza policial (3).

Moitos países da UE teñen prohibida a unión civil e a adopción para os homosexuais (Italia, Polonia, Grecia, …) (4). Actualmente en 76 países do mundo está penalizada a homosexualidade, chegando nalgúns casos á pena de morte e cadea perpetua (5).

No mundo hai 842 millóns de persoas famentas (6) e perto de 60 millóns de menores sen poder ir á escola primaria (7).

Entre 1995 e 2013 o Estado español aplicou rectroactivamente a “doutrina Parot” a máis de 80 peroas presas (9).

Só no concello de Vigo hai 40.000 persoas que teñen comprometidas as súas necesidades materiais pola falla de traballo ou dunha renda básica (10).

Que podes facer ti?

Denuncia e visibiliza todo tipo de violacións de dereitos dos que teñas coñecemento, non só dos recollidos na DUDH, senon tamén de calquera cousa que ti vexas que vulnera a dignidade das persoas. Participa en campañas e iniciativas que pretendan a protección e

recoñecemento dos dereitos humanos, e o enfrontamento e a denuncia de quen non os respecta. Insírete nalgunha/s das organizacións que traballan neste eido, e/ou organiza as túas propias iniciativas para acadar que os dereitos de cada un/ha de nós sexa  respectado!

Autoría: Ecoar)))

Editorial (Decembro).
O pasado 27 de outubro, a peridista de “La Sexta” Ana Pastor entrevistou ao ministro Miguel Arias Cañete (o ministro de Alimentación que come iogures “caducados”). Nun momento dado, Ana Pastor tocou o tema de actualidade naquela semana: “este goberno podería facer algo sobre a sentencia de Estrasburgo sobre a Doutrina Parot?”. O ministro tentou evadirse apelando as propostas de modificación do Código Penal que fixeran os “populares” nos anos 80 e 90, para suprimir a reducción de penas por beneficios penitenciaios. A periodista, non entendeu ou non quixo entender esta saída e voltou a carga: “pero ministro levan dous anos con maioría absoluta!”. Acorralado, Arias Cañete, que é licenciado en Dereito, explicoulle a periodista, que non, que a situación actual é inevitable xa que “as leis non teñen efecto retroactivo!”.

O ministro coñecía o Artigo 11.2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que é básicamente o mesmo que dí o Artigo 7 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos e o Artigo 1 do Codigo Penal do Estado Español. É cousa de sentido común, as leis non poden ter efecto retroactivo.

Durante 90 meses no estado español violouse este dereito fundamental da humanidade e, prácticamente, ninguén denunciou. A opinión pública caeu baixo o silencio de chumbo do “pacto terrorista”. Arias Cañete (o ministro de Alimentación que come iogures “caducados” porque sabe que as datas de “caducidade” son exaseradas, pero non fai  nada para arranxalo), ainda que sabía de dereitos humanos, non dixo nada. Tampouco dixeron nada os seus compañeiros do “bipartidismo”. Nen os medios de comunicación maioritarios. Poucos foron as políticas, ou as membros da sociedade civil, que alzaron a voz sobre este asunto. Apenas si foron as compañeiras das persoas presas  directamente afectadas pola Doctrina Parot as que denunciaron. A eles é a quenes lles debemos a nosa liberación; gracias a súa loita, toda a poboación do estado español recuperou un dos seus dereitos fundamentais.

Cando un Estado viola os dereitos humanos de xeito sistemático; cando os cargos politicos, compórtanse coa hipócresía aintihumana de Arias Cañete, á cidadanía xa so lle queda unha opción: exercer de seu o artigo no 28 a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que di que todos temos dereito a que se “estableza unha orde social e internacional no que os dereitos e liberdades fáganse plenamente efectivos”.

Autor Revista A Boia.

Ilustración Araceli.