Daniel Álvarez Bouzó – Revista A Boia

Feminismo e humanismo.
Botando a un lado por un momento todo o que é e significa o feminismo como acostumamos entendelo, gustaría centrarme desta vez nos valores humanos – moitas veces ignorados ou relegados a un segundo plano – que recupera e trae consigo á escena pública, sinalando con eso a súa evidente e preocupante ausencia.

Sé o que es. Máis alá dos diversos roles que nos enclaustran, do que a sociedade espera de nós, hai un eu querendo despregarse. Somos libres para descubrirnos realmente e sernos, temos o poder para facelo, e de aí xorde a responsabilidade para con este poder, o deber de loitar para conseguilo.

“Sé o que es. Máis alá dos diversos roles que nos enclaustran, do que a sociedade espera de nós, hai un eu querendo despregarse.”

A importancia da subxectividade, das diferentes, variadas e ricas formas de coñecer, fronte á falsa obxectividade dos feitos, que queren converterse na única. E recoñecer con eso que a razón non é máis que unha arma esgrimida polas emocións, capaz de xustificar calquera pretensión de verdade, que loita por facer predominar un interese fronte a outro.

O xiro cara o corpo, noso corpo, o gran esquecido; sempre baixo o dominio da mente.

A “ética do coidado”, máis atenta ao benestar das persoas próximas, as de aquí preto, que ao sufrimento abstracto de milleiros de persoas. E a afectividade como algo de primeira importancia, que implica comprender as emocións propias e as da outra persoa, respectándoas.

O atreverse a coñecer de forma consciente a nosa persoa e á outra, a través do diálogo, onde a escoita activa e a sinceridade son as únicas ferramentas. A comunicación é a nosa maior forza, que nos pon en común coas demais persoas.

E rescatar, entre outros, ao deshonrado amor, e a todos os xeitos posibles de entendelo, facelo e recrealo.

Autoría  Daniel Álvarez Bouzó.

Foto Lau.

Doazón de sangue.
Cando un consume, esquece que xa foi previamente consumido. O seu emprego consúmelle, cómpralle a súa vida por horas. Rodeado pola venta e o consumo, o ser humano é unha mercadoría máis sometida aos vaivéns do mercantilismo, e en cada transacción sempre lle sacan algún belisco: outro anaco de humanidade, un imposto, a forza para crecer como persoa, o beneficio do xefe, o tempo para criar aos fillos… Todos se consumen entre eles, belíscanse mutuamente (tamén aos nenos, tamén ao medio ambiente), nunha loita tácita, xa case natural, autodestrutiva.

Táboa extraída da Contabilidade Nacional Trimestral Base 2008 do 28/02/2013           (http://serviciosweb.meh.es/apps/dgpe/TEXTOS/pdf/completos/sie_complet1.pdf)

A política reduciuse a esta guerra económica, onde o diñeiro é o instrumento universal de poder. E votamos día a día, co único voto real, ao escolle-la urna do capitalismo ou da alternativa, ao inxectar as nosas vidas como insumo, sexa en forma de horas de traballo ou en forma de diñeiro líquido, nunha ou outra opción(1)

É como unha doazón de sangue, na que indolentes cedemos a nosa vontade, e espertos contribuímos coa súa forza. Porque podemos escoller se queremos entregarnos como obxecto, ou darnos como seres humanos; se queremos competir entre nós, ou cooperar; beliscarnos eternamente ou apoiarnos mutuamente e medrar xuntos.

Para que as cousas cambien hai que comezar a actuar de xeito diferente, no noso facer cotián, nos pequenos actos. O cambio cara unha economía social, é necesario, pero non hai que caer en economicismo; non é suficiente se non ven impulsado e acompañado por unha ética, agora afogada, e que comeza a reclama-lo seu espazo.

1 Tal é a nosa influencia como consumidores, que un pequeno cambio no ‘consumo total’

(fogar, institucións sen fins de lucro ao servizo dos fogares e administracións públicas), vai paralelo a un gran cambio na ‘Formación Bruta de Capital Fixo’ (FBCF), é dicir, no diñeiro que se reinviste nas empresas para seguiren medrando.

.Autor Daniel Álvarez Bouzó.