Revista – Revista A Boia

Editorial (Marzo).
O “Estado”, así con maiúsculas, é un concepto controvertido. Nos círculos académicos conviven diversas definicións do que é a “organización política suprema dunha poboación”. Básicamente hai dúas disxuntivas: por unha banda se o Estado sirve ao conxunto da sociedade, ou pola contra so é un dos medios de dominación dunha parte da sociedade sobre as outras? E por outra, se o principal elemento constitutivo da supremacia da organización estatal atópase no seu monopolio do uso da forza, ou pola contra nun recoñecemento “lexítimo” da súa autoridade normativa.

Polas dificultades para atopar un consenso, nas últimas décadas fíxose común a adxectivación do termo, falouse así do Estado “de Dereito”, “do Benestar”, “Socialista”, “Liberal”,… ou incluso “Fascista”, “Totalitario” ou “Terrorista” se o que interesaba era descalificar a un Estado en concreto. Buscábase así ocultar aquelas dúbidas sobre a definición, e que non agromasen as visións represora e explotadora do Estado.

Actualmente aqueles adxectivos estánse a caer polo peso da realidade. No noso contexto, para a “maioría” da poboación o estado español xa non é “de Dereito” e de “Benestar”. A última crise capitalista desvelou que o Estado non é unha solución do conxunto social.

O desmantelamento da Seguridade Social, esto é, os recortes nas pensións e prestacións de desemprego, xubilación, nvalidez, viuvez,… quizais sexa onde máis evidente se fai a depredación que fan uns poucos (banqueiros, empresarios, políticos corruptos,…) dos recursos colectivos. A construción da Seguridade Social foi unha empresa colectiva nacida das clases populares, que conseguiron trasladar á “organización política suprema” as súas prácticas solidarias “tradicionais” (mutualismo, caixa de resitencia,…). Pero semella que hoxe en día o soño socialdemócrata quebrouse. Certo é que o avance da acumulación capitalista implicou a redución da parte do PIB que alimenta o sistema da seguridade social (as rendas do traballo), xa que hai máis paro, fraude e redución salarial, pero iso no fai “inevitable”, que as prestacións e pensións teñan que deixar de ser universais e perdan a súa calidade principal (cubrir as necesidades básicas das persoas que o precisen). Se cada vez estase a excluír a máis persoas (migrantes, desempregadas), devaluando as pensións e reducindo as figuras  “excepcionais” (orfandade, maternidade, viuvez,…) é porque non interesa redistribuir a riqueza, se non expoliar a que xa é pública. Ante as dificultades económicas das clases populares, o Estado en vez de reforzar as formas solidarias estase a adicar a abrir a caixa común aos depredadores. Basta xa de expolio! Non é unha crise é unha estafa!

Abrir Vigo ao mar: pero desta volta de verdade.
Nos últimos tempos estopouo unha outra burbulla no estado español, a dos barcos privados de recreo; entre 2008 e 2012 houbo unha reducción na nova matriculación do 67%. No mesmo periodo, en Galicia duplicáronse os puntos de amarre, e está previsto voltar a duplicalos ata o 2020. Actualmente o Nautico de Vigo SA (NVSA) está a pasar moitos apuros precisamente pola especulación sobre os amarres do seu “porto deportivo”. En 2009 NVSA e a Autoridade Portuaria impulsaron a creación de 150 amarres para grandes iates na darsena da Laxe, e ademáis pensabase remodelar os das Avenidas para facelos de luxo. O resultado foi nefasto, apenas conseguiuse colocar a metade destes amarres xestionados polo NVSA nestas darsenas de propiedade pública.

Actualmente a remodelación da darsena das Avenidas está paralizada, e calquera pode observar como apenas está ocupada nun terzo. Tamén hai que ter en conta que a metade dos iates amarrados na ría de Vigo son empregados menos de 3 veces ao ano. Esta náutica “deportiva” é un capricho da oligarquía, que ainda por riba fase a costa dun ben público como é o Dominio Público Marítimo-Terrestre. En Vigo sigue a imperar un urbanismo feito por e para os de arriba. Rara é a vez en que acertamos en reconducir os fracasos do pasado nun futuro mellor para a cidadanía

de a pe. A especulación urbanística, vestida cos falsos ropaxes dunha “modernidade” mal entendida (elitista, provinciana, fora de escala),detrozou o noso patrimonio arquitectónico e natural, mercantilizando o espazo publico. Un bo exemplo disto foi o ignominioso proxecto “Abrir Vigo ao Mar”, que ten no mostruoso CC. A Laxe o seu emblema.

“Agora a idea é ben sinxela, convertir a parte oriental da darsena das Avenidas nunha zona de baño.”

Agora a idea é ben sinxela, convertir a parte oriental da darsena das Avenidas, entre o peirao de Jules Verne e o edificio da Xunta, nunha zona de baño. Bastaría con retirar os pantaláns baleiros e o paseo de madeira, para, mediante a construcción dunha rampa, facilitar á xente unha “piscina” de 20.000 m2. Quizias, para a seguridade das bañistas, tamén sexa preciso sanear o fondo da darsena, e restrinxir o acceso de embarcacións a motor na parte occidental, destinandoa exclusivamente ás de vela e remo. Abrindo o Mar as viguesas estariamos abrindo Vigo ao Mar, pero desta volta de verdade.

Autoría: Uxío Reinoso

A Cova dos Ratos, centro social autoxestionado.
“A Cova dos Ratos” leva cas portas abertas desde principios do ano 2000. É un centro social autoxestionado, un espazo aberto, participativo e independente, no cal os colectivos e as persoas poden tanto facer uso como implicarse na súa xestión cotiá: colaborando nos grupos de traballo (barra, biblioteca, secretaría…), participando nas actividades sociais e culturais, nas campañas… O centro social é de todas as persoas que o usan e fan posíbel a súa existenza.

A tapadeira legal é a Asociación Cultural Caleidoskopio. As actividades non só fican dentro do local, senón que tamén saímos sempre que podemos á rúa… participando de todo tipo de iniciativas, troco, defensa do litoral, antimilitarismo, contra a precariedade, pola vivenda, recuperación dos espazos públicos… Entendemos o concepto de  autoxestión cun sentido moi amplo, como a capacidade que temos para administrar as nosas propias vidas, en todos os seus eidos, político, social, económico, cultural

e afectivo, onde son tan importante os xeitos de toma de decisións como os xeitos para levar adiante as iniciativas. Intentamos vivir a nosa existencia plenamente, sempre que podemos no escorregadizo campo da coherencia e das posibilidades humanas. Tentamos sempre xuntar os fins cos medios. Facernos donos e donas das nosas propias vidas e tendo en conta, por suposto, o resto dos seres cos que compartimos o noso pequeno gran mundo…

Sempre intentaremos aprender e experimentar, sendo conscientes de que podemos equivocarnos; tendo como obxectivo poder seguir construíndo, pouco a pouco, un mundo algo mellor, onde todas as persoas teñamos cabida, sen exclusións nin discriminación…

Para facer disto unha realidade apostamos polo traballo en rede e as estruturas horizontais, asemblearias, abertas, participativas e transparentes; espazos para a toma das decisións onde todas as persoas temos sempre a oportunidade de comentar a nosa opinión, de aportar as nosas ideas, ou simplemente escoitar para enterarnos do que está acontecendo e poder facernos partícipes.

Autora AC Caleidoskopio

Doazón de sangue.
Cando un consume, esquece que xa foi previamente consumido. O seu emprego consúmelle, cómpralle a súa vida por horas. Rodeado pola venta e o consumo, o ser humano é unha mercadoría máis sometida aos vaivéns do mercantilismo, e en cada transacción sempre lle sacan algún belisco: outro anaco de humanidade, un imposto, a forza para crecer como persoa, o beneficio do xefe, o tempo para criar aos fillos… Todos se consumen entre eles, belíscanse mutuamente (tamén aos nenos, tamén ao medio ambiente), nunha loita tácita, xa case natural, autodestrutiva.

Táboa extraída da Contabilidade Nacional Trimestral Base 2008 do 28/02/2013           (http://serviciosweb.meh.es/apps/dgpe/TEXTOS/pdf/completos/sie_complet1.pdf)

A política reduciuse a esta guerra económica, onde o diñeiro é o instrumento universal de poder. E votamos día a día, co único voto real, ao escolle-la urna do capitalismo ou da alternativa, ao inxectar as nosas vidas como insumo, sexa en forma de horas de traballo ou en forma de diñeiro líquido, nunha ou outra opción(1)

É como unha doazón de sangue, na que indolentes cedemos a nosa vontade, e espertos contribuímos coa súa forza. Porque podemos escoller se queremos entregarnos como obxecto, ou darnos como seres humanos; se queremos competir entre nós, ou cooperar; beliscarnos eternamente ou apoiarnos mutuamente e medrar xuntos.

Para que as cousas cambien hai que comezar a actuar de xeito diferente, no noso facer cotián, nos pequenos actos. O cambio cara unha economía social, é necesario, pero non hai que caer en economicismo; non é suficiente se non ven impulsado e acompañado por unha ética, agora afogada, e que comeza a reclama-lo seu espazo.

1 Tal é a nosa influencia como consumidores, que un pequeno cambio no ‘consumo total’

(fogar, institucións sen fins de lucro ao servizo dos fogares e administracións públicas), vai paralelo a un gran cambio na ‘Formación Bruta de Capital Fixo’ (FBCF), é dicir, no diñeiro que se reinviste nas empresas para seguiren medrando.

.Autor Daniel Álvarez Bouzó.

A sociedade de consumo e o engano empresarial.(Primeira parte).
Unha saída a sobreproducción.

Ao longo de toda a historia o ser humano consumiu unicamente os bens e produtos que necesitou para o desenvolvemento normal da súa vida. Pero este hábito de consumo por necesidade foi substancialmente modificado durante o século pasado, pois a comezos do século XX os avances na organización do traballo nos medios produtivos xunto co progreso tecnolóxico deron un forte pulo ás fábricas produtoras aumentando a produtividade. Conseguiuse producir os mesmos produtos a unha velocidade maior. Non obstante ese fenómeno topouse cun problema importante: para obter beneficios non só abondaba con producir máis e máis rápido, senón que tamén había que vender esas mercadorías. Como a velocidade á que se producían as manufacturas aumentara pero non a velocidade á que se vendían, os ingresos seguían entrando á mesma velocidade de sempre e non se obtiñan vantaxes pola maior velocidade de fabricación (mesmo xurdían desvantaxes, debido ao aumento dos custos ao producir maiores cantidades).

Unha das solucións máis importantes a este problema veu da man da ciencia da psicoloxía. A idea era moi simple: abondaba con vencellar un produto a unha idea calquera que conseguise motivar ou emocionar ás persoas para empurralas a comprar máis usando mensaxes publicitarias orientadas ás masas. Os empresarios da época constataron que os hábitos consumistas podían ser modificados a través de mensaxes que debían ir directas ao subconsciente máis profundo das persoas. Os coches comezaron a ser anunciados como símbolo de poder, de opulencia e de liberdade; en vez de anunciarse polas súas calidades máis palpables e visibles, a roupa comezou a ser publicitada como insignia de distinción entre as persoas e como sinal caracterizadora, pois comprar unha determinada marca de roupa suxería pertencer a unhas determinadas esferas da sociedade en vez de simplemente buscar protección fronte ás inclemencias do tempo.

Así foi como os grandes empresarios crearon novas necesidades ás masas para que a xente se vise empurrada a comprar os produtos que eles vendían de xeito que se lle dese saída á inmensa cantidade de produtos que fabricaban. Alimentaron a demanda con estrataxemas publicitarias que atacaban as raíces máis emocionais e sensibles da mente humana para dar solución ao problema da sobreprodución. Decatáronse de que dispoñían do poder necesario (diñeiro e medios en cantidades abondas) para manipular en boa medida as decisións de compra das masas.

Autores Daniel García Reigosa (mestre e membro da PAH Vigo-Tui) e Eduardo Garzón Espinosa( membro de ATTAC España).

Editorial (Maio).
O goberno de Andalucía acaba de dar un paso adiante na loita contra o poder da banca no estado español: a expropiación das vivendas sobre as que pende un desafiuzamento inminente. É un paso pequeno e temporal, que non atalla o endémico problema da vivenda, pero moi positivo porque, asemade de situar no debate público a expropiación coma arma posible contra a banca, o que non é nin moito menos un asunto banal, demostra que a presión dende a rúa da resultados. É moi importante entender isto: a resposta do goberno andaluz non ten a súa orixe na preocupación dunha administración que, non o esquezamos, aplica as mesmas políticas austericidas que o resto do estado, senón que se trata dunha reacción ante a mobilización dende abaixo. As mobilizacións da PAH ao longo dos últimos anos tiveron un punto de inflexión cando, dende a rúa, conseguiron a aprobación da ILP que promovían.A lei de expropiación temporal como salvagarda das familias acosadas pola banca e as sancións económicas para as persoas xurídicas (banca e inmobiliarias) que manteñan vivendas desocupadas en Andalucía é unha cesión máis dos poderes públicos a loita dos de abaixo; unha cesión sen dúbida dolorosa, pois, non o esquezamos, a prioridade dos partidos do réxime e os seus aliados no goberno é o sostemento dos beneficios do capital financeiro, aínda que isto supoña pasar por riba dos salarios, a educación, a sanidade ou as pensións.

A dificultade do enfrontamento coa banca radica no poder que atesoura, un poder que faise moi evidente para un goberno a hora de levar a cabo a xestión: a través da compra de débeda pública, a banca cubre o 40% do presuposto do estado español, é a propietaria de máis do 70% da débeda que nos afoga e, asemade, os nosos gobernantes representan, sociolóxicamente, á clase atesourada, unha clase directamente relacionada cos intereses dos banqueiros. ¿Podemos falar entón de democracia, cando a banca privada ten a capacidade para afogar estados se tentan opoñerse ao seu poder? Non, non podemos. O primeiro paso deberá ser a expropiación da banca nacionalizada para dar lugar a unha banca pública baixo control social.

Autor Revista A Boia

Que son as forzas e corpos de seguridade do estado? (Terceira Parte)
Como evitan as forzas de seguridade as consecuencias destas irregularidades?

Partindo de que as Forzas de Seguridade son parte do estado e, polo tanto, responsabilidade dos gobernos, o sistema actual protexe e tapa as faltas cometidas

polos membros das mesmas a través de diferentes mecanismos.

Trato preferente no sistema. A súa palabra vale máis que a do resto [artigo 37

da Lei 1/1992]. O principio de veracidade que posúen fai que perante unha situación

xudicial a palabra dun membro das Forzas de Seguridade do Estado valla máis que a

de calquera outra persoa.

Ocultamento das accións. O estado, coa complicidade dos grandes medios de

comunicación, “lava” a imaxe dos abusos cometidos polas súas forzas de seguridade

a través do silenciamento e a manipulación. Un claro exemplo de manipulación foi o

que se produciu na canle Telemadrid o día 16/06/2011 no que se emitiron imaxes de

disturbios en Greza facéndoos pasar por violentxs manifestantes dos indignados do 15M.

O goberno actual: xerando un marco de impunidade policial total.

Por se fora pouco van soando de fondo determinadas medidas (Lei de Seguridade

Cidadá) coas que darlle impunidade total ás Forzas de Seguridade do Estado. Así

o pasado 19/10/2012 o xefe da policía Ignacio Cosidó (logo desautorizado por

algunhas persoas do goberno) anunciou que o goberno está estudando unha lei

coa que tentan anular calquera tipo de resposta social. Así pois esta nova medida conta con tres liñas que reducen de xeito hostensible os dereitos dxs manifestantes.

O goberno prohibirá filmar á policía. Nos últimos anos as cámaras convertéronse nunha ferramenta de defensa dos manifestantes.

A policía reprímese ou detense de facer determinado tipo de actuacións.

Estas actuacións irregulares das forzas de seguridade quedan rexistradas e pódese empregar para dar unha versión obxectiva perante a opinión pública así como para o  seu uso xudicial.

Quen se manifesta non poderá cubrir a cara, a policía si. Isto fai imposible a identificación dos policías. Segundo fontes oficiais a xustificación de que a policía leve a cara tapada é porque así se protexe a súa privacidade, xerando unha situación de discriminación

dándolle á policía un dereito que o cidadán non ten. Por outra banda a liberdade individual

tamén se vería truncada con esta medida porque nos obrigarían a ter un determinado patrón de vestimenta.

Reformulación do concepto “ataque violento”. Os manifestantes poderán ser procesados por calquera tipo de agresión ou ameazas de violencia contra forzas de seguridade. É dicir que as meras ameazas serán castigadas como violencia directa.

Autor Ecoar))).

Que son as forzas e corpos de seguridade do estado? (Segunda Parte)
Que irregularidades cometen?

Emprego desproporcionado da violencia. En moitas ocasións as forzas de seguridade empregan a forza a pesar de haber un clima pacífico na protesta. Isto é o que sucedeu, por exemplo, en maio de 2011 en Plaça Catalunya, onde se cargou contra a xente que estaba a protestar sentada no chan.

Infiltración dentro da masa para provocar situacións de violencia. En ocasións as forzas de seguridade empregan a axentes infiltrados para provocar disturbios e así desvirtuar a protesta.

Non amosan identificación. A pesar de que o seu réxime de funcionamento lles obriga a identificarse, as forzas de seguridade (especialmente os antidisturbios) non levan a identificación visible. Isto fai que poidan actuar con total impunidade sobre a xente e nunca se poida render contas fronte á xustiza.

Agresión a menores. Os menores gozan dunha especial protección en tódolos eidos lexislativos, pero cando actúan as forzas de seguridade do estado isto non é así. Exemplo disto temos a carga policial en Valencia contra os estudantes do Lluís Vives no mes de febreiro de 2012 aos que o propio xefe da Policía, Antonio Moreno, cualificounos como “o inimigo”.

Uso de pelotas de goma. As pelotas de goma seguen a ser empregadas pola policía como unha das principais armas coas que actuar sobre a poboación civil, a pesar de que no ano 2011 o seu uso foi prohibido en Europa ao ser un arma que pode chegar a ser mortal. Isto foi o que sucedeu o 29/03/2012 no que o seguidor do Athletic de Bilbao Iñigo Cabacas morreu a causa dun impacto dunha bola de goma lanzada pola ertzaintza.

As cargas son indiscriminadas. Cando as forzas de seguridade do estado cargan contra unha masa de xente, xs axentes non distinguen ben entre a masa e, tal e como recoñecía o voceiro do Sindicato Unificado de Policía, José María Benito despois das cargas policiais do 25S do 2012: “Cando á Policía se lle ordena cargar, as cargas non son pacíficas, é dicir, son violentas por natureza, por definición. A Policía non pode distinguir entre manifestantes pacíficos ou violentos. Que é verdade que nunha carga policial pagan xustos por pecadores e que hai xente que pasa por alí, que non ten nada que ver cos violentos e tamén recibe? É verdade”.

Gases lacrimóxenos en lugares pechados. En ocasións as forzas de seguridade empregan estes gases para desaloxar dun  lugar pechado ás persoas, a pesar de que xa está demostrada a súa mortalidade nese tipo de usos que implican que as persoas estean expostas durante un tempo medio a este tipo de substancias.

Autor Ecoar))).

Que son as forzas e corpos de seguridade do estado? (Primeira Parte)
Organismos públicos que:

funcionan como brazo executivo do poder xudicial.

fan cumprir as leis ditadas polo lexislativo a través do emprego da forza.

“teñen como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá” (artigo 104.1 da Constitución Española ).

Realmente cúmprense a misión e as súas funcións?

Non. A “austeridade” e a liquidación de dereitos e liberdades fai que a tensión social estea a medrar a pasos axigantados polo que, ao mesmo tempo, a resposta dende a rúa é, cada vez, máis prolongada, constante e belixerante. O goberno, que sabe que a crise vai ser moi prolongada, está apostando polo control da cidadanía a través da represión das forzas de seguridade do estado. De feito os países que peor o están a pasar coa crise (España, Greza, Portugal e Italia) son os países europeos que teñen un maior número

de policía por habitante de toda Europa segundo un informe de Eurostat. Nos

presupostos aprobados este ano aumenta o gasto nos corpos antidisturbios un

1780% e dos 759.330 euros previstos para os anos 2011-2015 pasouse a 10.000.000

de euros para o período 2012-2016.

Así pois, na práctica, o artigo 104.1 da constitución sobre as forzas e corpos

de seguridade debería dicir que “teñen como misión protexer o libre exercicio

dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade das grandes empresas

transnacionais, financeiras e políticas”.

As forzas e corpos de seguridade empréganse como ferramentas para:

Esmagar calquera modo de protesta cidadá a través do emprego da forza.

Protexer o sistema actual e defender as medidas tomadas dende a clase de poder.

Xerar un clima de medo que desanime á poboación a participar en calquera protesta contra o sistema establecido.

Criminalizar e xerar unha imaxe negativa e violenta das persoas que defenden os seus dereitos.

Autor Ecoar)))

Editorial ( Abril).
Con estas liñas nace A Boia, revista de Contracultura dende a Ría. A Boia pretende converterse nun altofalante de cada unha das voces e olladas que flotan na Ría de Vigo e a súa contorna, e que nos protexen desa enorme marea negra que o contamina todo: o capitalismo.

A Boia quere ser un punto dende o que conectar a Ría de Vigo co resto do mundo; dende o que construír e confluír; dende o que activarse e informarse; pero sobre todo, dende o que crear vías alternativas para xerar unha nova sociedade e unha nova cultura entendidas dende a pluralidade, a diversidade e o dinamismo das persoas, os pobos e as sociedades. Ainda máis A Boia nace como unha iniciativa do proxecto ECOAR))), plataforma que busca dotar á cidadanía dun espazo de expresión, coordinación e construción de alternativas e respostas fronte a realidade que nos rodea. De seguro que non é casualidade que sexa agora cando este proxecto sae á luz.

As crises necesitan respostas, e o sistema actual amosa día a día a súa ineficacia e virulencia inherentes. Así pois aos problemas da economía, dos recortes, das violacións de dereitos e liberdades, súmase de forma cada vez máis forte o da corrupción. A corrupción é un mal propio do capitalismo, pois este baséase en que as poucas persoas que ocupan o poder enriquécense apropiándose do que é de todas. Ningunha institución actual (xustiza, cámaras, forzas de seguridade, monarquía, igrexa, partidos, empresas, banca, medios de comunicación,…) sálvase deste mal.

Por isto neste primeiro número denunciamos este problema. Un sistema en crise coma o que estamos a sufrir crea un baleiro que a poboación necesita encher. Cada un e cada unha de nós somos responsables do que sucede. Así que cómpren ferramentas para expresar e compartir as ideas así como para poder construír alternativas e respostas que muden a situación actual. Por isto, tanto a través de ECOAR como da Boia, búscase abrir canles para que cada persoa e colectivo achegue ao resto as súas ideas e propostas.