Alberto Lema – Revista A Boia

O dereito á televisión.
No século XIX, a facción reaccionaria da burguesía aliada cos restos do Antigo Réxime (monárquicos e Igrexa) estaban en contra da ampliación do voto a escala universal porque sospeitaban que o cuarto estado nunca votaría por eles. A facción progresista da burguesía, os chamados liberais ou republicanos, pola súa parte, si estaban a prol da extensión do voto porque pensaban que poderían crear, cos obreiros e campesiños, unha alianza de clase maioritaria. Os dous estaban errados.

O voto do cuarto estado, dos traballadores -antes da creación dos seus propios partidos e tamén despois- dividiuse sempre entre conservadores e liberais a partes máis ou menos iguais ao longo dos últimos cento cincuenta anos nas democracias burguesas europeas consolidadas, é dicir, en Francia e Inglaterra. Por que non se realizaron, entón, as previsións optimistas dos liberais, nin as máis lúgubres dos conservadores?

A burguesía conservadora non dispuña das mellores cabezas pensantes do seu tempo, certo, pero tiña cartos para crear xornais da súa corda, e, sobre todo, dos púlpitos das igrexas desde onde os curas predicaban submisión á orde establecida, temor de deus, mansedume e caridade cristiá para resolver os problemas económicos. Isto debería abondar para explicar por que a clase obreira máis organizada e consciente foi sempre furiosamente anticlerical (“a única igrexa que arde…”), pero centrémonos agora na primeira parte do asunto, e desde a perspectiva de hoxe.

“En España o estado monopolizou a emisión televisiva ata mediados dos oitenta, aínda hoxe concede as licencias de xeito discrecional.”

A partir dos primeiros sesenta, o medio de comunicación máis estendido, e con máis potencial para a creación de opinión e control ideolóxico, pasou a ser a televisión. Un formato moito máis caro e complexo tecnicamente que calquera dos anteriores, sobre o que os estados estableceron unha vixilancia de ferro (pensemos, por caso, que en España o estado monopolizou a emisión televisiva ata mediados dos oitenta e que aínda hoxe concede as licencias de xeito discrecional).

Autor Alberto Lema.

Qué pasou cos carballos?
No poema “Los robles” de Rosalía de Castro, incluído no seu libro En las orillas del Sar (1884), a poeta de Padrón describe o proceso de desaparición destas árbores dos nosos montes:

Bajo el hacha

implacable ¡Cuán presto

En tierra cayeron

Encinas y robles!

Y a los rayos del alba risueña

¡Qué calva aparece,

la cima del monte!

, e a súa progresiva substitución polos piñeiros:

Una mancha sombría y extensa

borda a trechos del monte la falda …. Son pinares que que al suelo desnudo

De su antiguo ropaje le prestan el suyo.

Máis adiante, no mesmo poema, Rosalía confesa a súa preferencia pola árbore de folla caduca:

Pero tú, encina sacra del celta

y tu, roble de ramas añosas

sois más bellos…

e contra o final, relaciona a súa desaparición dos nosos montes coa situación de  asoballamento do noso pobo, e invoca o momento do seu regreso como un contrasinal para o empezo da loita de liberación nacional:

Torna roble, árbol patrio, a dar sombra

Cariñosa á la escueta montaña

Donde un tiempo la gaita guerrera

Alentó de los nuestros las almas.

Como vemos, a desaparición do carballo, árbore totémica dos celtas segundo a historiografía nacionalista da época, pasa a ser o símbolo do noso sometemento como pobo,e a data da súa reaparición nos nosos montes ha coincidir para Rosalía co momento da nosa redención nacional. Os piñeiros, polos que Rosalía confesa tamén o seu amor, e que serán máis adiante convertidos por Pondal en emblema máximo de Galicia, non teñen para a poeta do Sar significado épico ningún, e o que é peor, veñen a poboar os montes que antano foran lar dos guerreiros carballos.

A pregunta que nos facemos pois é: cando comezou a substitución real do carballo polo piñeiro en Galicia? Sabemos que a construción da mal chamada Armada Invencible nos estaleiros de Ferrol supuxera, no seu día, unha verdadeira hecatombe para as fragas do noso país da que nunca chegaron a se recuperar completamente, e tamén que a madeira desta árbore era a preferida na construción naval, o que ben podería ter motivado a súa sobreexplotación e progresiva desaparición dos nosos montes. Pero algo máis tivo que acontecer na Galicia do último terzo do século XIX que explique o laio de Rosalía, e que o autor deste artigo descoñece. Fica entón sen resposta este pequeno enigma para esclarecemento do historiador.

Autor Alberto Lema.