Galiza Contrainfo – Revista A Boia

Que é o Feminismo?
O feminismo é un movemento social, cultural e político que loita contra as inxustizas orixinadas polo machismo e o patriarcado e busca a igualdade entre as persoas independentemente do seu sexo e o seu xénero. Así pois, o feminismo procura rematar e superar todos aqueles aspectos da nosa sociedade nas que as persoas (independientemente do seu sexo e xénero) son agredidas, explotadas, invisibilizadas, minusvaloradas, sometidas e/ou impedidas pola ideoloxía e comportamentos machistas e o sistema patriarcal.

A que se opón o Feminismo?

Machismo: é a ideoloxía que defende a superioridade e prepotencia de certo tipo de “valores masculinos” e de varóns heterosexuais sobre o resto da sociedade. As persoas machistas defenden que os “homes de verdade” teñen unha serie de características e valores superiores (maior forza físca, apetito sexual, intelixencia, racionalidade, valentía, independencia…) que lles dan dereito a decidir e manexar no seu beneficio a vida social, económica, sexual, afectiva,… e mesmo a integridade física de mulleres, varóns homosexuais, ou calquera que non comulgue co seu pensamento e prácticas .

“A unhas cualidades determinadas chamámoslles femininas e a outras o contrario, por que? Habería que esnaquizar os estereotipos e voltar a comezar.”

Hembrismo: é a ideoloxía que defende a superioridade da muller sobre o home. O hembrismo invirte os roles establecidos no machismo, pondo a muller por riba do home.

O machismo e o hembrismo son dúas ideoloxías que apostan por unha sociedade que se entende entre dominantes e dominadxs. O feminismo, por contra, loita contra calquer tipo de dominación dunhas persoas sobre outras, así pois oponse por igual ao machismo co hembrismo.

Patriarcado: o patriarcado é a organización social derivada do machismo, na que, mediante as leis, institucións, costumes… se lle reserva aos varóns unha serie de ámbitos ou posicións hexemónicas na sociedade como poden ser os cargos públicos, a posesión da riqueza,… Patriarcado significa “goberno dos pais”. Historicamente designa un tipo de organización social no que a autoridade exércea o varón xefe de familia que é odono do patrimonio.

Contra que loita o Feminismo?

Violencia de xénero: violencia física ou psicolóxica exercida contra calquera persoa sobre a base do seu sexo ou xénero que impacta de xeito negativo na súa identidade e benestar social, físico e/ou psicolóxico.

Explotación laboral: Situación na que  as persoas son sometidas a condicións laborais adversas e desiguais no reparto do traballo e produto social así como na remuneración recibida en función do seu xénero, e que pode ir dende as diferencias salariais ata abusos e o traballo escravo.

Sometemento sexual/estético: Situación na que a muller esta baixo a dependencia ou autoridade dos cánones machistas en ámbitos como a imaxe, a reproducción e a satisfación e disfrute sexual.

Invisibilidade e minusvaloración cultural: A sociedade exclúe a todos aqueles grupos e persoas que non forman parte dos valores asociados á masculinidade e polo tanto non teñen presenza nas manifestacións sociais e culturais (linguaxe excluínte, falla de opcións políticas que recollan as súas reclamacións e preocupacións, non tratamento das súas problemáticas nos medios de comunicación,…).

Desigualdade no acceso ao poder. Segundo un informe de 2011 as mulleres só representan o 13,8% das persoas que conforman os consellos de administración nas transnacionais. En 2013 as empresas que cotizan en bolsa teñen un 16% de mulleres nos consellos de administración e tan só un 3% ocupan a presidencia. No referente ao poder político só hai 10 países con presidencias femininas (Arxentina, Brasil, Costa Rica, Lituania, Alemaña, Islandia, Liberia, Tailandia, Australia e Chile).

“Emprega unha linguaxe non sexista, lembra que as capacidades non se deben ao xénero respecta e dignifica a quen te rodea independentemente do seu sexo e xenero.”

Que podes facer ti?

Ti inflúes sobre o resto das persoas co teu xeito de actuación, tanto directamente, transmitindo opinións e valoracións, como indirectamente, co comportamento ou o tipo de comunicación que relaizas. Emprega unha linguaxe non sexista, lembra que as  capacidades non se deben ao xénero (non existen as “cousas ou tarefas de nenos/homes, ou nenas/mulleres”; ), respecta e dignifica a quen te rodea (desterra todo tipo de comentarios sexualmente ofensivos ou valoración diferente das actitudes se os fai unha muller ou un home) e, por suposto, persegue e denuncia, todo tipo de maltrato e abuso, físico ou psicolóxico. Ademais tamén te podes integrar en colectivos, asociacións ou calquera outro tipo de organización que vele pola igualdade das persoas independetemente do seu sexo ou o seu xénero.

Autoría: Ecoar)))

Foto 1: Galiza Contrainfo

Foto 2: Cristian Navarro